Galicia rexistra no primeiro trimestre deste ano un 22,5% máis de ocupación nos aloxamentos turísticos que no mesmo período do pasado ano

Deste xeito, Galicia rexistrou en xaneiro un total de 717.562 viaxeiros e 1,3 M noites cunha estadía media de 1,8 noites. Os establecementos hoteleiros (hoteis e pensións) acadan unha porcentaxe de ocupación que supera nun 19% a do ano pasado, con 624.867 viaxeiros e 1,1 M noites.
Os establecementos extrahoteleiros, que engloban apartamentos turísticos, cámpings turismo rural e albergues incrementan tamén a súa ocupación en preto dun 52% con respecto ao primeiro trimestre do ano pasado, onde destaca especialmente a ocupación nos albergues que supera o 140%. En total, os establecementos extrahoteleiros recibiron 92.695 viaxeiros en 168.355 noites.
R.