Skip to main content

Presentada a oitava edición do festival Ouren Sound Fest

O delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, asistiu esta mañá á presentación do festival Ouren Sound Fest, que se desenvolverá do 25 ao 28 de maio, onde destacou a relevancia da programación desta VIII edición, que contará con grupos de renome como é Andrés Calamaro, os grupos revelación do 2022, Shinova e Cariño; e en música urbana, artistas como DePedro.

O festival, que conta coa colaboración institucional da Xunta e da Deputación e Concello de Ourense, ten como obxectivo principal dinamizar a cidade de Ourense, dotándoa de contidos culturais que non só se limitan a realización do propio festival, e que o mesmo tempo é un motor turístico e patrimonial.

O delegado territorial sinalou que o Ouren Sound Fest é moito máis que un festival de música, é un medio de difusión e concienciación de determinados oficios como, a conservación da arte dos alfareiros, a arte da elaboración de guitarras, do viño do Ribeiro e a do pulpo do Carballiño. Para Gabriel Alén, trátase dun festival con carácter propio, cun crecemento en asistentes, mellores artistas, infraestruturas e producións máis grandes ano tras ano, constatando o seu crecemento tanto en actividades, como en calidade artística.

Así mesmo, o Ouren Sound Fest pretende ser unha mostra da gran musica que se esta a facer en Galicia, sen esquecernos das figuras consagradas a nivel estatal e internacional, ademais de amosar a cidade de Ourense a toda aquela xente que se achegue dende outros puntos da xeografía galega e española.
R.