Skip to main content

O Morriña Fest volve ao porto da Coruña cun espectacular cartel

O delegado da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, participou, esta mañá, na presentación do festival Morriña Fest 2023 que se celebrará o 28 e 29 de xullo nos peiraos do porto da Coruña. Uns concertos con grandes artistas de nivel internacional e nacional e que volverá a contar co apoio da Xunta.

Este festival, volve a presentar un cartel con artistas de primeira liña: Nicky Jam, Jason Derulo, os irlandeses Two Door Cinema Club, Rels B, Sidecars. Tamén estarán Shinova E Danny Ocean. Este primeiro avance complétano Lali, Emilia, Vilán Antillano, Aleesha, Les Castizos, Samuraï e Berto. Xa neste avance vese a aposta do festival por aglutinar talento internacional, nacional e galego para volver ser un dos festivais máis importantes de toda España.

O Morriña Fest afronta a súa terceira edición despois do gran éxito da primeira e a segunda cunha gran acollida por parte do público xa que, o ano pasado, máis de 40.000 persoas se deron cita para corear os temas dalgúns dos artistas máis relevantes do panorama actual.

Nesta nova edición do 2023, sinalou o delegado, “estreamos nova situación no Porto do Coruña. “Estou seguro de que á espectacularidade dos concertos e dos artistas elixidos unirase a maxia da súa localización ao carón do mar”, recalcou Trenor.

O representante do Goberno galego expresou a súa confianza en que este ano volverá a repetirse o éxito do ano pasado e remarcou que “a colaboración entre a iniciativa privada e as administracións é o mellor camiño”.
R.