Skip to main content

Presentado o cartel do Neox Music Day, que traerá á Coruña os artistas de maior renome da música urbana

O delegado da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, participou, esta mañá, na presentación do cartel do Festival Neox Music Day que será un referente ‑nesta segunda edición‑ da música “urbana” xa que contará coa participación dos artistas deste estilo de música de maior renome de ámbito nacional e internacional.

Estamos a falar dun cartel composto por: Bizarrap, Hijos de la Ruina, Rels B, Bad Gyal, Ptazeta, Quevedo, D.L.Blando.

Trenor destacou que este festival terá, sen dúbida, un gran éxito de público e forma parte xa dos espectáculos con máis demanda do programación de festas da Coruña.

A súa montaxe, en Expocoruña, engadirá un atractivo especial, tanto a nivel de condición acústicas como para poder sentir aos artistas na proximidade, factores ambos que darán un toque especial e peculiar ao festival.

O representante do Goberno galego lembrou que a Xunta de Galicia vai estar presente, entre os meses de xullo e agosto, nos principais concertos e festivais que se celebrarán na cidade. Así, os concertos de Luis Fonsi, Rosalía e Simple Mind e os festivais de Noroeste e Neox Music Day, reciben cofinanciamento da Xunta o que permitirá contar con arredor de 50 artistas de primeiro nivel.

Neste senso, subliñou que investir en cultura e en eventos musicais é investir na cidade, polo que destacou o “enorme revulsivo” que estes concertos suporán para todos os profesionais da cultura e, por extensión ao conxunto da economía na cidade da Coruña.

Trenor, incidiu en que “todo este esforzo vai a contribuír a que o Ano Santo sexa un verdadeiro dinamizador e un multiplicador tanto da actividade como do consumo cultural na Coruña”. “Estou convencido de que a cidade terá uns datos de visitantes récord e as aportacións da Xunta será unha das claves dese éxito”. “Calquera evento que se presente baixo o paraugas da marca Xacobeo ten garantido o éxito e agardamos que as propostas que estamos presentando estes días axuden a que os coruñeses volvan a desfrutar dun verano único cheo de boa música”, rematou.
R.