Skip to main content

Galicia rexistrou un mes de xuño con temperaturas normais e húmido, cun 78% máis chuvias do habitual

Con todo, esta situación cambiou a parir do día 19, cando ventos frescos e húmidos de orixe atlántica substituíron ao aire cálido, o que provocou un notable descenso nos termómetros e algunhas precipitacións. De aí en adiante, o tempo foi moi cambiante, con chuvascos intermitentes e temperaturas irregulares como consecuencia dos movementos das baixas presións.

En calquera caso, a característica máis salientable do mes hai que buscala nos rexistros de precipitacións que, para tratarse de xuño, foron abundantes. Coas chuvias dos primeiros días xa practicamente quedou cuberta a media normal de todo o mes, que acabou sendo húmido no conxunto de Galicia aínda que sen superar os valores de 2021.

A precipitación media en Galicia foi de 85L/m2, un dato que se duplicou nas comarcas do Xallas e de Caldas, que acadaron os 180L/m2. Pola contra, os rexistros máis baixos acadáronse en localidades illadas de Valdeorras e Bergantiños, que roldaron os 30L/m2.

No caso das temperaturas, as medias do mes obtidas a partir dos datos das estacións meteorolóxicas máis representativas situáronse en 0,1º C por riba do esperado, o que fai que o mes poida considerarse normal neste aspecto. En todo caso, o comportamento foi moi irregular no conxunto da Comunidade.

Por exemplo, na Baixa Limia (cunha anomalía negativa de 1,3º C) acadáronse os rexistros máis baixos de toda Galicia, mentres que Verín contou coas temperaturas medias máis altas (2º C por riba do habitual).
R.