Skip to main content

O titular do Goberno galego foi recibido pola Súa Maxestade o Rei Felipe VI no Palacio de La Zarzuela

Durante a audiencia, que se prolongou case hora e media, o presidente da Xunta agradeceulle ademais á Súa Maxestade que a reunión fose tan proveitosa e o seu coñecemento e interese por todo canto implica a Galicia, ao tempo que lembrou que O Rei é embaixador vitalicio do Camiño de Santiago, e invitouno a percorrer un pequeno tramo para renovar o seu compromiso.

Por último, á súa saída e ante os medios de comunicación, Rueda lamentou non se poder ter reunido antes co presidente do Goberno central, toda vez que moitas das metas non se poderán acadar sen a implicación activa do Estado. Non hai tempo que perder, dixo, salientando que urxe atallar problemas como a falta de médicos ou acadar unha xestión máis descentralizada e áxil dos fondos europeos.
R.