O CGAC convida a percorrer a historia da arte máis recente a través de obras incorporadas a súa colección nas últimos 20 anos
O Centro Galego de Arte Contemporánea convida a percorrer a historia da arte recente a través da mostra Cruzamentos na arte galega da Colección CGAC, con obras incorporadas aos fondos do museo nas dúas últimas décadas. O secretario xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, presentou hoxe a exposición que se abre en Compostela ata o 19 de xuño como colofón dun proxecto que tamén achegou pezas da colección a outros espazos expositivos, como o Museo do Mar de Galicia, en Vigo, e o Centro Cultural Marcos Valcárcel de Ourense.
Comisariada polo director do CGAC, Santiago Olmo, e Sara Donoso, doutora en Historia da Arte pola Universidade de Santiago de Compostela e graduada en Belas Artes pola Universidade de Vigo, a iniciativa volve situar a colección do CGAC como un eixe imprescindible e central do seu traballo e misión. A exposición caracterízase pola súa diversidade e riqueza plástica, xa que conviven artistas de longa traxectoria con outros de media carreira e máis novos, así como creadores que traballan desde Galicia cos que o fan desde diferentes lugares do mundo, coma Nova York, Londres ou Berlín.
Memoria visual do panorama artístico galego
“Trátase dunha mirada, particular pero colectiva, que logra entrelazar determinadas afinidades creativas sen ocultar as disonancias, co fin de debuxar unha cartografía desde a que se asomar á creación contemporánea galega”, sinalou o representante da Consellería de Cultura, Educación e Universidade. Deste xeito, a selección de pezas “mostra algúns dos enfoques narrativos, así como abordaxes plásticas, que foron construíndo parte da memoria visual do noso panorama artístico”, engadiu.
Así, pódense ver traballos de Pablo Barreiro, Jacobo Bugarín, Salvador e Juan Cidrás, Andrea Costas, Ángela de la Cruz, Eva Díez, Patricia Dopico, Amaya González Reyes, Rubén Grilo, Juan López e Loreto Martínez Troncoso. Completan a listaxe Chelo Matesanz, Vítor Mejuto, Antonio Murado, Álvaro Negro, Carme Nogueira, Ana Pérez Ventura, Isaac Pérez Vicente, Montse Rego, Rodríguez-Méndez, Xavier Toubes, Mauro Trastoy e Damián Ucieda.
Segundo sinalou Anxo M. Lorenzo, Cruzamentos na arte galega da Colección CGAC conxuga “varias pezas presentes nas anteriores mostras, en Vigo e Ourense, con novas incorporacións a prol de expandir o relato”. Ademais, algunhas obras que teñen o formato de series moi extensas e que non puideron mostrarse na súa totalidade, así como algunha instalación, preséntanse agora completas aproveitando as amplas salas do CGAC.
A mostra ábrese esta mesma tarde, tras a presentación ao público a cargo de Santiago Olmo e Sara Donoso, que terá lugar no auditorio do CGAC.

R.