Os hoteis galegos triplicaron en decembro o volume de noites rexistradas no mesmo período do ano pasado
![](http://www.galiciadigital.com/images/noticias/hotel-galicia.jpg)
Unha cifra que sitúa a Galicia como a 2ª CC.AA con mellor comportamento hoteleiro en viaxeiros e pernoitas respecto a 2019 en termos relativos, só superados por Asturias, ao marcar unha recuperación de máis do 70% da demanda turística hoteleira de 2019.
Esta porcentaxe de recuperación sitúa, ademais, ao noso territorio cun comportamento 22 puntos mellor ca media nacional no que atinxe á recuperación da demanda turística no conxunto do ano posto que a media estatal foi do 50% fronte ao 72% de Galicia.
Mellora da rendibilidade hoteleira
O 60% das noites hoteleiras foron consumidas polo viaxeiro nacional, que se incrementou nun 95% respecto do ano pasado. Tamén melloraron as cifras do viaxeiro galego, que representou case o 30% das noites mentres que o viaxeiro internacional supuxo o 13% do total da demanda hoteleira en 2021.Tamén melloran as cifras de rendibilidade dos establecementos hoteleiros galegos que recuperan preto do 80% do volume de facturación de 2019 acadando preto de 250 millóns de euros.
Distribución por provincias
Co 41% nas noites hoteleiras a provincia da Coruña liderou o mercado turístico no mes de decembro, seguido de Pontevedra (38%), Lugo (13%) e Ourense (8%), o que se traduce nunha recuperación de arredor do 70% da demanda de hai dous anos en todas as provincias.
R.