Skip to main content

O ciclo 'Concertos na fin do mundo' esgota case todas as entradas para as catro actuacións en faros galegos

Ademais, tamén están a piques de esgotarse os tickets para o concerto do gaiteiro Anxo Lorenzo do 3 de setembro no faro de Corrubedo de Ribeira.

A dj galega Russihha tocará nos 4 concertos, que contarán ademais con grupos emerxentes do panorama musical galego como Pablo Lesuit mañá en Baiona, Margarida Mariño en Muxía, Laura Lamontagne & Pico Amperio en Ribeira, e Yoly Saa en Cervo.

Os interesados en asistir poderán obter máis información na web www.concertosnafindomundo.com, desde onde poderán adquirir as poucas entradas dispoñibles para o concerto en Ribeira do 3 de setembro.

As actuacións levaranse a cabo cumprindo tódolos protocolos anticovid para os espectáculos ao aire libre en grupos reducidos que van de 100 as 250 persoas dependendo das características do faro e do nivel de ocupación de cada escenario.

A proposta, persegue ademais valores de respecto coa contorna, de igualdade e de diversidade e adaptase as demandas dos turistas que na actualidade buscan iniciativas personalizadas e diferenciadas nas que se aposte polo contacto coa natureza e os espazos abertos. Nesta liña, Concertos na fin do mundo conxuga estes valores xunto coa aposta por unha cultura segura e, ao mesmo tempo, a posta en valor do patrimonio das rutas xacobeas, como é o caso dos faros galegos.
R.