Felipe VI inaugura na USC o I Congreso Mundial Xacobeo
Na mesma liña pronunciouse o reitor Antonio López ao definir o Camiño como “un cordón umbilical” que marca a conexión con Europa. “Un Camiño de dobre dirección”, dixo, dende a que sae e chega o coñecemento. “Estamos satisfeitos de ser bebedores do fenómeno da peregrinación”, explicou o reitor facendo referencia ao rol da USC como espazo de acollida para a transversalidade deste primeiro Congreso.
O reitor quixo agradecer “o bo tino e as ideas claras” do presidente da Academia Xacobea, Xesús Palmou, ao lograr “incorporar os mellores especialistas nacionais e internacionais” neste foro celebrado co gallo do Ano Santo 2021 e que terá continuidade tamén no 2022 “grazas á axuda da ciencia”, dixo. Neste senso, Felipe VI quixo tamén poñer o foco no impacto da pandemia por mor da COVID-19, “un tramo moi difícil que precisou de grandes esforzos sanitarios e económicos”.
O rei recoñeceu na súa intervención “o esforzo e a boa acollida do pobo galego para poder superar esta complicada situación”. “Afrontar un momento tan complexo tamén require dunha forza interior suplementaria que podemos atopar en tradicións que, malia nacer nun tempo e nun lugar, son hoxe universais. Así se demostra con este Congreso Mundial da Academia Xacobea”, explicou o monarca, quen, unha vez finalizado o acto, dirixiuse á Biblioteca América para asinar no Libro de Honra da USC.
No acto inaugural, alén do xefe do Estado e do reitor, tomaron parte a ministra de Industria, Comercio e Turismo, Reyes Maroto; o presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo; e o presidente da Academia Xacobea, Xesús Palmou.

R.