A COVID-19 ten un impacto 'moderado' na capacidade de carga do sector turístico vinculado á Ruta Xacobea
“A capacidade de carga correspóndese co límite máximo de usuarios dun determinado recurso”, explica Ramudo. “Os nosos resultados indican que o impacto da pandemia sobre a capacidade de acollida de peregrinos dependerá moito das actitudes dos peregrinos respecto ao distanciamento social. No caso de que unicamente o comportamento dos peregrinos se modificase mantendo unha distancia interpersoal de dous metros — tal e como recomendan as autoridades sanitarias—, pero non houbese un incremento no distanciamento entre grupos, a capacidade de acollida do camiño reduciríase ao redor dun 17,8%”, explica o investigador da USC. No caso en que os peregrinos decidisen incrementar a distancia entre grupos para previr posibles contaxios por interacción con persoas que non forman parte do seu grupo de viaxe, a capacidade de carga real “reduciríase progresivamente a medida que aumenta dita distancia”, matiza. En consecuencia, a investigación conclúe que o impacto da COVID-19 está a ser moderado neste ámbito.
Axustarse á demanda existente
“Con todo, a pesar de que o Camiño podería albergar un número relativamente alto de visitantes, a incerteza existente sobre a extensión da pandemia e as restricións á mobilidade das persoas provocaron unha caída inédita no número de peregrinos dende que a actividade se puido retomar no mes de xullo”, continúa Ramudo. As cifras de visitantes reducíronse en porcentaxes do 80,8%, en xullo; o 68,4%, en agosto; o 78,2%, en setembro; e o 83,6%, en novembro de 2020, tal e como explican os investigadores na memoria do seu proxecto. “Esta caída na demanda deste recurso turístico é moito maior que a redución na capacidade de carga turística, polo que na práctica a pandemia non xerou problemas neste sentido”, sinala Ramudo. “O cálculo de índices de demanda (número de peregrinos/prazas ofertadas) permitiunos comprobar que a caída na demanda foi tan forte, que non se xeraron presións sobre a oferta de aloxamento. De feito, parece razoable supoñer que esta non fixo senón axustarse á demanda existente, o que explicaría o peche temporal de moitos dos establecementos situados ao longo do Camiño”, conclúe o investigador da USC.
Perfil lúdico
Pola súa parte, Dolores Riveiro analizou o perfil do peregrino en tempos da COVID-19. “Os resultados alcanzados permiten concluír que non xorde un perfil novo de peregrino”, explica a investigadora. “Máis ben, os camiñantes deste ano correspóndense, de forma moi xeral, co perfil que temos identificado como lúdico.”, sinala. Riveiro tamén constatou na súa investigación que no Camiño hai unha maior presenza de homes que de mulleres; que perden peso as motivacións relixiosas; e que se reduce a diversidade dos camiñantes.
Ambos os dous proxectos foron financiados ao abeiro da II Convocatoria de Proxectos de Investigación asociados ás Cátedras Intitucionais da USC.

R.