Skip to main content

Galicia pide ao Goberno central que reduza o IVE turístico ao 4% para axudar ao sector durante a pandemia

Alfonso Rueda, lembrou que dende a Xunta solicitouse en varias ocasións, unha delas na Conferencia sectorial de Turismo o mes pasado, unha redución do IVE ao 4% neste sector de forma temporal, como medida imprescindible para manter e, mesmo estimular, a actividade turística. Na reactivación do sector se precisa a implicación do Goberno central porque moitas medidas son da súa competencia. Por iso, lamentamos que en España o IVE aplicado ao turismo non teña unha redución como Alemaña ao 5%, Portugal ao 6% e Francia ao 7%

No marco da reunión, Alfonso Rueda indicou que “a premisa é seguir avanzando en varias propostas para continuar coa promoción das comunidades que integran a marca como destinos turísticos, destinos de calidade e a sostibilidade e moi demandadas na situación actual na que os visitantes buscan destinos seguros e pouco masificados. E co vindeiro ano santo que ten moito que ver do contacto coa natureza, que é o que agora moita xente busca”

O turismo galego resistiu mellor durante estes meses que o conxunto de España, cun diferencial positivo, o que amosa que a aposta por Galicia como destino seguro, posta en marcha pola Xunta, e que tiña como obxectivo potenciar os valores que distinguen á nosa comunidade doutros territorios, repercutiu positivamente na chegada de turistas a Galicia.
R.