A Ribeira Sacra, declarada por unanimidade candidata de España a Patrimonio Mundial da UNESCO
A Ribeira Sacra foi elixida hoxe candidata de España para Patrimonio Mundial da UNESCO. Así o ditaminou por unanimidade o Consello de Patrimonio Histórico, reunido no mosteiro de Santo Estevo de Ribas do Sil (Nogueira de Ramuín), "cuxos membros distinguen con esta iniciativa o que representa a defensa da historia, a natureza e a cultura dun territorio único en Europa", expresou o presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, quen foi quen de reactivar en 2013 esta iniciativa e impulsar a cooperación entre administracións e entidades para que hoxe se acade este importante recoñecemento.
O presidente do goberno provincial valorou como "obxectivo conseguido" o resultado do ditame do Consello de Patrimonio Histórico, e sinalou que o feito de que o acordo fose por unanimidade "énchenos de orgullo porque se trata dunha decisión beneficiosa para a Ribeira Sacra e para toda a provincia de Ourense". Baltar salientou "a importancia do papel xogado polo goberno provincial ourensán, que promoveu esta candidatura, e estes son os froitos: que representantes de todas as comunidades autónomas distingan a Ribeira Sacra, o que supón unha homenaxe as xentes que ao longo dos séculos fixeron deste territorio un dos máis fermosos de Europa", expresou o presidente.
"Culmínase así un proceso longamente esperado desde que o 9 de setembro de 2013 convoquei aos alcaldes da Ribeira Sacra da provincia de Ourense para plantexarlles a reactivación da candidatura, e unanimemente dixeron que si", destaca Manuel Baltar. "Durante o tempo que vai desde entón, logo de comunicarllo á Deputación de Lugo, de conseguir a implicación da Xunta de Galicia e de que o Valedor do Pobo se sumase á candidatura, conseguimos que o 28 de decembro de 2018 a Ribeira Sacra fose declarada Ben de Interese Cultural (BIC) –sinala Baltar-, o paso previo para que hoxe poidamos dicir que o obxectivo está conseguido: a Ribeira Sacra é candidata de España a ser declarada Patrimonio Mundial pola UNESCO", remarca.
"Aí está a importancia de Ourense, de marcarse retos, e dun goberno provincial que impulsou esta candidatura, que será de inmensa relevancia para a provincia de Ourense, que coa chegada da Alta Velocidade e explotando a nosa condición termal estamos chamados a protagonizar un futuro moi beneficioso", afirma Manuel Baltar, engadindo que o recoñecemento de hoxe "é unha distinción que significa un galardón para a historia de Ourense, de Lugo e de Galicia, e para as súas xentes, que construíron unha sociedade de concordia e convivencia preservando o noso medio natural e converténdoo en orgullo de pertenza ao noso".
Pola súa banda, o presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijoo, expresou "a ilusión dos galegos por compartir co resto de España, de Europa e do mundo os tesouros da Ribeira Sacra", destacando o incremento turístico deste territorio, que crecen case un 50 %, "converténdose ademais nun destino referente da desestacionalización".
Feijóo lembrou que coa declaración de Ben de Interese Cultural da Ribeira Sacra, dentro da categoría de paisaxe cultural, desenvolvese un réxime de protección específico para unha extensión aproximada de 180 quilómetros cadrados, para optar á inclusión na lista do Patrimonio Mundial da Unesco. "Foi un longo proceso que podería culminar o mesmo ano no que se celebrará o Ano Xacobeo, 2021, "polo que sería unha feliz coincidencia que a Ribeira Sacra fose declarada Patrimonio da Humanidade ao mesmo tempo que celebramos o ano santo".
O Consello do Patrimonio Histórico, presidido polo director xeral de Belas Artes, Román Fernández-Baca, ditaminou que a paisaxe cultural da Ribeira Sacra sexa a elixida para formar parte da Lista de Patrimonio Mundial da UNESCO. A candidatura española será presentada ante o organismo internacional en febreiro de 2020 e a inclusión resolverase en 2021. Os valores que levaron ao Consello a elixir este territorio residen na beleza e conservación da paisaxe simbólica máis occidental da Europa continental, configurando un espazo único, exemplo do monacato primitivo que se desenvolveu a finais do século IV, grazas a uns conxuntos arquitectónicos de extraordinaria singularidade que ilustran 1.500 anos de historia. O paso do eremitismo ao monacato e a posterior expansión beneditina deixou un bosque de igrexas que ilustran a riqueza e variedade da arquitectura románica dos séculos XII e XIII.
Á marxe do importante patrimonio cultural e arquitectónico, a Ribeira Sacra tamén é unha paisaxe viva e o máximo expoñente da relación entre home e natureza. Proba dista interacción do ser humano co medio son as monumentais terrazas nas ladeiras dos canóns do Sil e o Miño para a explotación dunha agricultura de subsistencia baseada no policultivo. A esencia desta paisaxe antrópica atopámola con todos os seus matices nos terreos de ribeira e bocarribeira.

R.