Preto de 1 millón de € para a renovación de 54 aloxamentos
Trátase dunha nove orde de subvencións da Xunta, aberta por primeira vez este ano, que busca consolidar Galicia como un destino excelente e máis acolledor, tal e como recolle a Estratexia do turismo de Galicia 2020. Cun crédito orzamentario de 991.552 euros, o Goberno galego aprobou un total de 54 axudas que optimizan a calidade da oferta de aloxamento.
A través destes incentivos, procúrase que os responsables de negocios incluídos no Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas (REAT) leven a cabo as remodelacións precisas para o desenvolvemento da súa actividade, cos maiores estándares nos servizos prestados.
O orzamento inicial desta convocatoria, cuxa resolución pode ser consultada no Diario Oficial de Galicia (DOG), foi ampliado para atender as solicitudes presentadas, que cobren ata o 35% do importe, cun máximo de 35.000 euros por cada unha das entidades beneficiarias.
Accesibilidade e aforro enerxético
Entre outras accións, contémplanse as destinadas a mellorar as condicións de accesibilidade e supresión de barreiras, afondando así nos compromisos do Plan de accesibilidade turística e do Camiño de Santiago impulsado polo Goberno galego. A orde tamén propicia a obtención de certificacións de calidade, ampliando o liderado da nosa Comunidade no ranking da Q de Calidade Turística, con case o 20% dos establecementos recoñecidos en España.
Así mesmo, abarca proxectos para elevar a clasificación do establecemento, que supoña un incremento da categoría na que se atopa na actualidade; actuacións de climatización que favorezan a sustentabilidade con medidas de aforro enerxético; traballos de renovación e de modernización das instalacións, así como destinadas a embelecer as contornas, e, por último, renovación dos equipos mobles necesarios para o funcionamento do establecemento

R.