Skip to main content

A World Trails Conference reúne desde hoxe en Galicia as mellores rutas culturais, ecolóxicas e de peregrinación de todo o mundo

Haberá, ademais, representantes de, entre outros, os Camiños de Jeju Olle, en Corea do Sur, e do Great Himalaya Trails, o trazado máis largo e alto do mundo e que está situado no Nepal.

Participarán algunhas das rutas culturais de longa distancia que están presentes en Taiwan, así como xestores de itinerarios e sendeiros de Grecia ou Irlanda. Xunto a eles, haberá representación de Sudamérica, con itinerarios de Costa Rica ou Panamá; ou Xordania, coa Jordan Trail. Tamén está prevista a presenza de relatores de Canadá ou Estados Unidos e o traballo levado a cabo no Camiño de Santiago en Galicia centrará varios relatorios deste congreso internacional.

Portas abertas o sábado

As sesións profesionais afondarán na vinculación destes itinerarios e a protección da natureza, nos beneficios económicos das rutas para as economías rurais, a preservación do patrimonio cultural e os valores espirituais, así como a importancia do crecemento sustentable en cada unha destas rutas culturais, ecolóxicas e de peregrinación do mundo.

Reservarase o sábado 29 como xornada de portas abertas para o público xeral, con entrada libre ata completar aforamento. A sesión incluirá a conferencia maxistral de Manuel Butler, director executivo da Organización Mundial do Turismo (OMT), así como as presentacións nun formato áxil e dinámico ao redor da xestión realizada en itinerarios como a Ruta dos Fiordos occidentais, en Islandia ou os Sendeiros dos Apalaches, en Estados Unidos, entre outras. Haberá tamén un ciclo de cine dos itinerarios do mundo. A sesión do sábado será no Auditorio Abanca (rúa do Preguntoiro, 23).
R.