Skip to main content

Turismo de Galicia y el Grupo Nove difunden la alta gastronomía gallega en el norte de España

Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de la Xunta de Galicia:

Turismo de Galicia e o Grupo Nove Cociñeiros poñen en marcha diversas accións promocionais no norte de España co obxectivo de reforzar a presenza da marca Galicia e da súa enogastronomía fóra da nosa comunidade.

As actividades, que terán lugar neste mes de outubro e comezos de novembro, son unha continuación das xa celebradas en Madrid, Barcelona e San Sebastián no marco do convenio de colaboración que manteñen Turismo de Galicia e o Grupo Nove.

Así, co lema Achégache a Galicia, achégache a Nove, a asociación de cociñeiros, que aglutina a un total de 9 Estrelas Michelín e 17 Soles Repsol, trasladarase a algunhas das cidades da península máis próximas a Galicia cunha moderna unidade móbil dotada de cociña e zonas de degustación, multimedia e expositiva, para difundir as últimas tendencias da cociña galega de autor.

A primeira visita desta viaxe gastronómica comeza hoxe en Xixón, concretamente na Praza do Marqués, e continuará en Oviedo, o próximo luns 10, na praza Porlier.

En ambas as localidades, os cociñeiros galegos realizarán tres showcookings diarios gratuítos e de entrada libre. O primeiro será ás 12,30 h e estará dirixido principalmente a medios de comunicación e blogueiros. Os outros dous serán ás 18,30 e ás 20,00 horas e estarán orientados ao público xeral que estea interesado na gastronomía e queira descubrir o que se coce nos mellores fogóns de Galicia. Con independencia das actividades, a unidade móbil estará aberta de 11,30 a 14,30 horas e de 17,30 a 21,30 horas para informarse e reservar praza nas actividades.

A ruta gastronómica tamén se trasladará a Santander -17 de outubro-, Valladolid -24 de outubro-, Ponferrada -31 de outubro- e Salamanca -7 de novembro-, reforzando a marca Galicia nos principais destinos emisores de turistas á Comunidade autónoma galega.
R.