Galicia Calidade promociona en Madrid a excelencia dos produtos galegos co chef Pepe Solla
![](http://www.galiciadigital.com/images/notas/fotos/pepe_solla.jpg)
Ofrecerase unha degustación con produtos integramente galegos nuns pratos innovadores pero sen perder a tradición e a esencia de Galicia deseñados polo prestixioso chef galego do Grupo Nove Pepe Solla xunto cos chefs do restaurante Volvoreta. Con esta acción, Galicia Calidade pretende achegar a calidade dos produtos galegos a xornalistas, bloggers, e outros prescritores.
Galicia Calidade conta na actualidade con máis de 50 empresas e 250 produtos amparados onde o sector alimentario representa case un 90%. Na acción que se desenvolverá en Madrid participarán empresas como Coren, Merluza do Pincho de Puerto Celeiro, Patatas Conde, ou Mariscos Linamar, entre outras.
Fotografía: http://www.nove.biz/site/restaurante.php?idioma=es&id_empresa=8
Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia