Últimos días para visitar «Exposyfy» na sede Afundación da Coruña
En «Exposyfy» exhíbense preto de 200 obxectos orixinais únicos, procedentes das rodaxes das películas que escribiron a historia do cine de xénero dos últimos anos. Entre eles destacan: unha moeda dos Goonies, o Hydrobot de Terminator Salvation, a moto de Will Smith en I, Robot, a luva de Freddy Kruger en Pesadelo en Elm Street V, e outros obxectos pertencentes a soados filmes deste xénero como Men in Black I e II, Alien vs Predator, X-Men, a saga Regreso ao futuro ou Parque Xurásico. A entrada á exposición é gratuíta e recomendada para todos os públicos.
Canle Syfy e Propside.com
Syfy é unha canle temática internacional, centrada fundamentalmente en series e películas de ciencia ficción. Tamén dedica espazos aos xéneros de fantasía, horror e fenómenos paranormais. Algunhas das series e programas que emite son: Stargate Atlantis, Temblores, Sete Días, American Gothic, O sentinela, Battlestar Galactica, WWE Smackdown!, Heroes e Terra 2.
Propside.com é unha compañía especializada na investigación, procura e conservación de obxectos orixinais de películas da historia recente do cine e xestiona a primeira tenda online en España de compra-venda destes artigos.

Afundación (Abanca)