Turismo de Galicia inicia as accións especiais en Madrid co set Galicia de Cine
A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro Domínguez visitou na praza Jacinto Benavente de Madrid o set de Galicia de cine, unha acción especial que forma parte da nova campaña de Turismo de Galicia para este 2014 e que consiste nunha plataforma itinerante que visitará as cidades de Madrid, Barcelona, Sevilla e Santiago de Compostela para recompilar as testemuñas dos cidadáns que queiran participar falando sobre as súas motivacións e reclamos para visitar Galicia. Trátase dunha acción de street marketing que pretende fomentar a interactividade dos viaxeiros co destino.
Arredor de 300 persoas quixeron participar nesta acción promocional Galicia de cine. O set itinerante da rodaxe está formado por dous escenarios: un deles recollerá os motivos polos que os viaxeiros deciden vir a Galicia a través dunha gravación persoal. E o outro escenario, enmarcado dentro da promoción A persoa que máis recomenda Galicia no mundo, ten por obxectivo gravar a aqueles que xa coñecen Galicia e que a recomendan aos seus para compartir a súa experiencia. Estes vídeos poderán ser subidos á rede para participar na promoción en liña ata o día 15 de maio.
Entre todos os participantes que se acheguen a dar testemuños sortearanse viaxes por Galicia, e todos formarán parte do casting no que se elixirá os protagonistas da próxima campaña de Turismo de Galicia.
O set estará en Barcelona o día 29 de maio, na praza da Universitat; en Sevilla o día 4 de abril, na praza da Encarnación e en Santiago, na praza do Obradoiro, o día 11 de abril.
Campaña 2014
A campaña 2014 de Turismo de Galicia, Galicia, el buen camino, ten un novo eslógan: ‘Á xente que quero, recoméndolle Galicia’/’Si te han recomendado Galicia, es que te quieren’. A mensaxe incide na capacidade dos viaxeiros e dos propios galegos para seren prescritores de opinión do destino. Ao tempo, resalta a condición de multiexperiencial do Galicia como destino turístico e aqueles elementos diferenciais que conforman os principais atractivos da comunidade.
A etiqueta #Galiciaelbuencamino será a utilizada para as comunicacións en liña e as recomendacións dos fans de Galicia teñen por obxectivo buscar protagonistas para as seguintes fases da campaña. Estas e outras testemuñas recollidas na internet poderán verse no sitio galicia.es. Alí tamén se articulará a acción promocional ‘Sé a persoa que máis recomenda Galicia do mundo’. Quen o desexe poderá deixar a súa mensaxe lembrando Galicia nesta web así como nas súas redes sociais.
Ao tempo, as contas nas redes sociais de Turismo de Galicia apoiarán e monitorizarán todas as accións da campaña nas redes.

Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia