Balnearios de Galicia apoia a nova exposición da CdC sobre termalismo: Auga doce
O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad; e o xerente da Asociación de Balnearios de Galicia, Benigno Amor, asinaron un convenio de colaboración para a promoción e difusión das actividades que ambas as partes desenvolven. Ao abeiro deste acordo formalízase tamén a primeira colaboración para ‘Auga Doce’, a nova exposición da Cidade da Cultura de Galicia, unha mostra que chegará este ano ao Museo Centro Gaiás e que xirará arredor dos recursos de Galicia en auga doce. No acto, celebrado na Cidade da Cultura, participou tamén a directora-xerente da Fundación Cidade da Cultura de Galicia, Beatriz González Loroño.
A Consellería dará a coñecer os detalles da que será a gran exposición artística do ano en Galicia e unha das grandes citas do calendario cultural en España, dando a oportunidade de contemplar no Museo Centro Gaiás a grandes mestres da arte, clásicos e contemporáneos, grazas á colaboración de algúns dos museos máis prestixiosos do mundo e ao apoio de importante empresas.
Ao abeiro co convenio asinado, a Consellería comprométese a impulsar a actividade do sector do termalismo e da Asociación de Balnearios, no marco do calendario de actividades de 2014 da Cidade da Cultura, especialmente no programa de visitas familiares que se estableza. Ademais, ábrese a posibilidade de realizar visitas e actividades conxuntas entre ambas as entidades no complexo do Gaiás.
Pola súa parte, a Asociación de Balnearios comprométese a difundir a actividade da Cidade da Cultura, facilitando ademais de forma gratuíta bonos regalo de acceso ás súas instalacións termais aos que os poderán acceder os visitantes da Cidade da Cultura.
O obxectivo da colaboración é desenvolver unha promoción conxunta de ambas as partes diante da sociedade, cumprindo cun dos obxectivos do complexo do Gaiás, que é o de servir como motor de desenvolvemento socieconómico na cultura e a proxección exterior de Galicia.

Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia