Skip to main content

Folleto sobre as Termas Romanas de Lugo

A publicación, con texto de Gonzalo Meijide, arqueólogo da Delegación Provincial da Consellería en Lugo, e fotos de Tono Arias, reseña a traxectoria histórica deste monumento que data do tempo da fundación da cidade no ano 15 antes da nosa Era, ata chegar á actualidade na que diversas escavacións proporcionan gran cantidade de información sobre este Ben de Interese Cultural, que foi declarado Monumento Histórico-Artístico en 1931.
O folleto complétase con información sobre a visita ás Termas, enclavadas dentro do Balneario de Lugo, e visitas complementarias a monumentos do contorno.
A tirada efectuada é de 20.000 exemplares, dos que 10.000 se editaron en castelán, 5.000 en galego e 5.000 en inglés.
Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo