Skip to main content

A Fonsagrada acolle esta fin de semana o XXXVII Concurso-Exposición de Gando Vacún

O Concello da Fonsagrada ocupa o segundo lugar, só superado polo de Vilalba, en número de cabezas de gando destinadas a tal fin.

autóctonos, supoñen un destacado factor de crecemento económico para os Concellos nos que se celebran, así como para os limítrofes. As transaccións económicas efectuadas, así como a importante afluencia de visitantes que contribúe ó aumento do gastos nos negocios locais, supoñen rentabilizar positivamente as inversións realizadas para a súa posta en marcha. Neste caso, ademais da atracción que supón o concurso, os numerosos postos que se instalan e nos que se poden mercar produtos gastronómicos ou variadas pezas de artesanía, conseguen atraer a centos de persoas procedentes de diferentes rincóns de Galicia, Asturias ou da comarca leonesa do Bierzo.

3.500 euros en premios

Coma ven sendo habitual, as casas comerciais do Concello e organismos oficiais colaboran con este concurso donando diferentes trofeos para os vencedores nas diferentes categorías e que se suman ós 3.500 euros que o propio Concello destina ós premios en metálico. Entre os galardóns ó mellor exemplar de vaca, de toro, de lote de xatos, etc., destaca o especial que se entrega ó primeiro e segundo clasificados na categoría do mellor lote, que deberá estar composto por un mínimo de 7 vacas e un toro.

Os gandeiros interesados en inscribir ós seus animais, exemplares que deberán estar saneados, poderán facelo na oficina do Mercado o mesmo sábado antes das 11:00 horas. Hai que destacar que o Concello subvenciona o transporte das reses dende as explotacións ata as instalacións do mercado gandeiro.
Os lotes que estes presenten deberán estar compostos por un mínimo de 7 vacas e 1 toro e o propio Concello subvenciona o transporte de todos este animais dende as súas explotacións de orixe ata as instalacións do mercado gandeiro.

O xurado encargado de valorar os animais presentados estará formado por un veterinario colexiado en representación da Consellería do Medio Rural, un representante de ASEAVA (Asociación Española de criadores de ganado vacuno selecto de la raza Asturiana de los Valles) e un representante de ACRUGA.

Exhibición de animais de ACRUGA

Ó igual que outros anos, ACRUGA tamén aporta á exhibición un lote de espectaculares animais, composto por un semental e seis xovencas. Coma todos os exemplares da asociación, estes caracterízanse non só polo súa imponente morfoloxía, senón por posuír unha alta calidade xenética e reproductiva. De feito, cando estas reses acoden a poxas sempre acadan comprador e elevadas cotizacións: o pasado ano, o prezo medio acadado por estes animais foi de 1.945 euros, chegando incluso a acadar os 2.255 euros no caso da poxa celebrada o pasado mes de marzo nas instalacións da Granxa Gayoso Castro, dependente da Deputación de Lugo.
Deputación Provincial de Lugo