Skip to main content

A campaña de promoción turística Lugoterra chega a Barcelona

Este ano a Ribeira Sacra e Lugo Capital están a ser as zonas polas que o público visitante se interesa con maior frecuencia. Tamén a gastronomía segue petando forte e para a meirande parte de público é unha das nosas mellores bazas.

Un público familiar composto por nais e país de mediana idade con un ou dous fillos, está a ser o máis receptivo á oferta lucense. Un público que busca sobretodo, un destino tranquilo, seguro e natural, que lles permita lembrar a vida tradicional e no que os nenos e neas poidan gozar dunhas vacacións similares ás que tiveron de pequenos.
No autobús están representadas todas as zonas turísticas da provincia de Lugo a través de distinto material promocional das casas de Turismo Rural, Restauración , Hostelería, Denominacións de Orixe, etc,etc.

Nos próximos días o autobús seguirá a sua ruta parando en Madrid, Valladolid, León, Zamora, e as 7 cidades galegas até o día 28 que finalizará o seu percorrido promocional.
Lugo, 6 de abril de 2011.
Gabinete de Comunicación da Deputación Provincial de Lugo