Skip to main content

Termatalia pecha a décima edición convertida no revulsivo do turismo de saúde e da industria termal

A presenza no salón de 27 países, 220 expositores, unha trintena de touroperadores e maioristas de viaxes internacionais, máis de 2.500 visitantes profesionais e un cálculo de 30 millóns de euros de cifra de negocio, consolidan a Termatalia como o foro internacional elixido polo sector para promocionarse, actualizarse e compartir experiencias e, sobre todo, para facer negocio. O público xeral tamén respaldou o salón e, a falta de contabilizar as últimas visitas da tarde, cífrase en preto de 10.000 o número de visitantes xerais.

O acto de clausura de Termatalia estivo presidido polo Conselleiro de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia, Roberto Varela, que estivo acompañado pola Secretaria Xeral para o Turismo, Carmen Pardo, e pola directora xeral de Comerfcio, Nava castro. O conselleiro indicou que o termalismo “atravesa un momento álxido e converteuse nun valor emerxente para completar as posibilidades turísticas de Galicia, xa que implica unha oferta turística de calidade. A través da formación, da investigación e da innovación pódese conseguir unha permanente mellora neste subsector”.

A formación dos profesionais que traballan no sector termal foi precisamente un dos obxectivos da décima edición de Termatalia que organizou distintas actividades orientadas a que os minoristas de viaxes coñecesen de preto o producto “turismo de saude” para poder recomendalo ó usuario final e a que os directivos de centros termais, de talasoterapia e spa completasen a súa formación en marketing termal.

Termalismo como dinamizador rural

Esta última xornada de Termatalia contou coa visita da ministra de Medio Ambiente, Medio Rural e Mariño, Elena Espinosa, quen identificou ó termalismo como “unha nova ferramenta para saír da crise, relacionada co desenvolvemento sostible e que permite xerar máis riqueza e emprego”. Espinosa comentou que “o termalismo é un exemplo do que se pode facer no noso medio rural creando un foco de atracción que pode irradiar a toda unha comarca”. Manifestou ademais que “dende o Goberno de España apoiamos a experiencia piloto do Observatorio Nacional do Termalismo que xa comezou a traballar en tres comunidades autónomas y que está estudando todas as potencialidades do sector”. Termatalia foi o foro elixido por este Observatorio para presentar as súas funcións ante profesionais de todo o Mundo.

Ademais da ministra, o conselleiro de Educación e ordenación Universitaria, Jesús Vázquez, visitou esta tarde o salón.

Delegacións profesionais

A asistencia a Termatalia de delegacións de profesionais do sector procedentes de México, Colombia e Perú confirman a Termatalia como eixo de unión entre Europa e América Latina. Segundo indicou a directora xeral de promoción da Secretaría de Turismo do Estado de México, Socorro Osornio, “nós contamos cun enorme potencial termal pero non temos balnearios xa que as instalacións termais en Latinoamérica están pensadas para o lecer e para o turismo familiar. En Termatalia vimos aprender cómo reorientar esta oferta para adaptala tamén á saúde, tal e como se fai en Europa”.

Ademais das latinomericanas, termatalia contou coa presenza de delagacións importantes de profesionais e representantes institucionais de Turquía e das Illas Azores.

Público xeral

Entre las áreas preferidas polo público volveron destacar a da Fisioterapia, onde os profesionais do Colexio de Fisioterpeutas de Galicia impartiron máis de 600 tratamentos, e o Bar de Augas, onde puideron probarse máis de 20 marcas de auga envasada de distintos países.

Entre as actividades que tiveron lugar hoxe destacan as rutas termais programadas dentro do V Encontro Internacional sobre Auga e Termalismo, nas que os participantes pudieron optar por realizar una ruta transfronteriza por balnearios de la Región Porto e Norte de Portugal (Chaves, Caldelas e Pedras Salgadas) ou outra pola Galicia Termal (Balneario de Laias, Talaso Louxo de A Toxa ou o Talaso Atlántico de Baiona).

A próxima cita en Expourense será os días 6 e 7 de novembro coa celebración de Imaxe, Salón de Perruquería e Estética, e de Celebra, Salón de Vodas, Bautizos, Comuñóns e Actos Sociais.
Silvia Pardo (coordinadora de Comunicación de Expourense)