O Camiño ao seu paso por Palas de Rei reforzarase cun investimento de 536.000 euros
![](http://www.galiciadigital.com/images/notas/fotos/concello_palas_de_rei.jpg)
Concretamente, procederase á mellora da pavimentación mediante chantas de pedra e lousa e completarase cunha plantación vexetal de especies autóctonas ao longo do camiño. Ademais disto, procederase ao saneamento das augas pluviais que discorren polo tramo. A área total onde se levarán a cabo as obras ocupa unha superficie de 6.500 metros cadrados.
Dende a Consellería de Medio Ambiente apostase por este tipo de actuacións porque para que os usuarios do Camiño e os cidadáns de xeral poidan disfrutar do resultado de iniciativas como esta, xa que supoñen a recuperación do patrimonio histórico e o fomento da actividade económica da Comunidade galega.
Obrigas das administracións asinantes
A Consellería de Medio Ambiente, ademais de realizar as achegas sinaladas; reservarase o dereito de inspeccionar as obras en cada momento tanto durante a súa execución como ao seu remate.
O Concello de Palas de Rei redactará o proxecto da obra e realizará as xestións pertinentes para a obtención dos permisos, licencias ou autorizacións regulamentarias; asumindo os custos das mesmas. Posteriormente, deberá proceder ás labores de contratación e execución das obras.
Por outro lado, o Concello ten a obriga de render contas do gasto do diñeiro aportado por Medio Ambiente, presentando os xustificantes de gasto e as actas de recepción das obras.
Comisión de seguimento
Para o correcto cumprimento do convenio, formarase unha comisión de seguimento onde haberá un representante de cada unha das partes que servirá para resolver posibles controversias ou incidencias ao longo da vixencia do convenio.
Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia