Marnay presenta a súa persoal visión do Camiño do Norte a Compostela

No acto de inauguración, o coordinador de Actividades Culturais da Xunta en Madrid, Ramón Jiménez, destacou "o grande éxito e estupenda acollida que a obra de Marnay logrou sempre no ámbito madrileño, como o proban as xa numerosas exposicións -preto dunha decena- que o pintor realizou na capital de España”. Tamén realizou exposicións en México D.C, Nova York, Londres, Dublín, Santiago, Pontevedra, Navarra, Santander, Sevilla, Valencia, Valladolid, Burgos, Málaga, Pamplona, San Sebastián...
Jiménez destacou a traxectoria de Marnay e a súa capacidade para reunir a máis de medio centenar de seguidores nunha tarde non moi apracible, o cal é unha gran proba de fidelidade á súa arte, "como o fan os peregrinos", hoxe peregrinos de cadros, "cuxo obxectivo é o da actitude contemplativa -mesmo orante diría eu se peregrino e obra son de calidade e se fonden en comunicación espiritual- ante o produto máximo do espírito do artista, que neste caso é cada un dos óleos colgados" "nestas paredes, néctar que Marnay produciu coa constancia dunha abella durante boa parte deste tempo,".
Marnay, dirixiu unhas palabras de agradecemento tanto á Casa de Galicia coma a todas as persoas asistentes, a moitas das cales seguen a súa traxectoria creadora dende hai anos e tamén aproveitou a súa intervención para achegar algunhas pinceladas sobre o seu particular camiño artístico e a súa visión deste.
Para definir a obra de Marnay, nada mellor que recuperar as palabras que José Hierro lle dedicou: "Marnay,-nombre de illa, o que acentúa a dimensión máxica da súa pintura- fai desta, da súa pintura, non un punto de chegada, senón unha referencia que nos permite volver atrás, ata volver ao punto -o seu- de partida. Así que, ante un cadro seu, experimentamos a sensación non de estar ante unha arquitectura plástica, senón ante unha ventá aberta ao recordo, é dicir ante a realidade modificada pola emoción e a melancolía. Vemos o que viu. Sentimos o que sentiu ".
Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia