Skip to main content

A edición especial Xacobeo 2010 de Xantar ofrece 28 menús ata o 7 de marzo

Coincidindo coa celebración do Ano Santo e cos ollos do Mundo postos en Galicia, XANTAR, Salón Galego de Gastronomía e Turismo, adicará a súa undécima edición ó XACOBEO 2010 e a promocionar a Gastronomía dos distintos Camiños a Santiago. Celebrarase en Expourense entre o mércores 3 e o domingo 7 de marzo.

XANTAR contará con 119 expositores (un 8% máis que na edición de 2009) que ocuparán 12.000 metros cadrados de superficie. Entre eles destacan os 18 restaurantes procedentes de Galicia, das comunidades autónomas e rexións turísiticas portuguesas convidadas nesta edición que ofrecerán un total de 28 menús con prezos para todos os petos que van dende os 15 ata os 35 euros. A organización de XANTAR conseguiu manter e ata rebaixar os prezos de anos anteriores sen baixar nin a cantidade nin a calidade dos menús.


Edición especial XACOBEO 2010

XANTAR, xa consolidado como un evento de prestixio en toda España e Portugal, e que conta co firme apoio da Secretaria Xeral para o Turismo da Xunta de Galicia, prenséntase como un instrumento para reforzar a captación de visitantes a Galicia durante o Ano Santo. Por todo elo, todas as actividades que van ter lugar no salón están vencelladas á promoción da gastronomía dos camiños: restauración, xornadas técnicas, obradoiros de cociña, catas e degustacións, encontro de confrarías ou o programa de animación e lecer.

O restaurante central da 11ª edición estará dedicado ó XACOBEO, e nel ofrecerase un Menú Degustación compuesto por pratos elaborados a partir de produtos dos diferentes Camiños de Santiago. Estará elaborado polo IES Vilamarín e nel terá protagonismo os produtos galegos con Denominación de Orixe. Por outro lado, as comunidades participantes polas que pasa o Camiño tamén farán referencia ó Camiño no seus menús.

Ademais de promocionar o Ano Santo, os obxectivos de XANTAR 2010 son tamén: divulgar os beneficios para a saúde da Dieta Atlántica; exaltar as máis de 300 festas gastronómicas celebradas en Galicia; incidir na calidade do servizo e atención ó cliente, xunto coa das materias primas; reforzar a oferta gastronómica no Turismo Rural e posicionar unha oferta baseada nun proxecto de Cooperación Interterritorial e no intercambio de experiencias coas rexións connvidadas.

Paquete turístico

A gastronomía é a segunda motivación pola que o turista elixe Galicia como lugar de visita. Por outra parte, XANTAR é un evento único en España e que constitúe en si mesmo un motivo para visitar esta comunidade. Na súa undécima edición o salón dá un paso máis na comercialización turística dirixida ó consumidor final e lanza un Paquete para visitar Galicia coincidindo coa celebración desta cita e do Ano Santo.

Dirixido ó público final, este paquete turístico, elaborado en colaboración coa maiorista de viaxes, Costas Galicia, inclúe estancia dunha noite na cidade de Ourense en hotel de 4 estrelas e a entrada a XANTAR con almorzo ou cea no restaurante Xacobeo. O prezo sería de 75 euros por persoa e está orientado tanto a público individual como a grupos ou familias, de feito, para os nenos de entre 3 e 12 anos, existe un paquete a 18 euros.
Ademais, o Grupo Caldaria preparou un Paquete Especial de Aloxamento para os visitantes e expositores durante os días de XANTAR. Esta oferta inclúe, dende 36 euros por persoa e noite, aloxamento, almorzo e acceso á zona termal nos hoteis-balneario de Laias e Arnoia. Este paquete comprende ademais un 20& de desconto en todos os servizos do balneario.

Todas as accións desenvolvidas por XANTAR 2010 están encamiñadas a servir de porta de entrada de visitantes a Galicia, xa que despois de visitar o salón, poden continuar a súa viaxe ata outros puntos da xeografía galega.

Rexións gastronómicas convidadas

Nesta undécima edición participan un total de 18 restaurantes, o 61% dos cales son galegos. Cada uno deles ofrece un menú composto polos produtos máis típicos e tradicionais, a meirande parte deles adscritos con algún distintivo que recoñece a súa calidade como as denominacións de orixe, as indicacións xeográficas protexidas ou a súa exaltación en festas gastronómicas.

Participarán nesta edición de Xantar as comunidades de Andalucía, Asturias, Canarias e Estremadura, que contarán tanto cun restaurante dende o que promocionar a súa gastronomía coma cun stand para dar a coñecer os seus principais atractivos turísticos e agroalimentarios.

Portugal será de novo un dos protagonistas de Xantar que contará coa presencia das rexións de turismo de Porto e Norte (representado por la restauración de Viana do Castelo), Turismo do Douro (participará la Associaçao de Hotelería do Douro) e a Rexión de Turismo Portugal Centro (a través da cidade de Viseu).

Pero non convén esquecer que XANTAR naceu no 2000 para promocionar e defender a calidade da gastronomía galega e que once edicións despois mantén intacto o seu obxectivo inicial. Promocionaranse a través dun restaurante a gastronomía representativa tanto do interior como da costa galega. A Coruña, a través da súa Deputación Provincial, participará cun restaurante que presentará a gastronomía da comarca de Ferrol-Ortegal-Eume. Pontevedra ofrece os mellores produtos das Rías Baixas a través das asociaciones de hostaleiros de A Guarda e da Ría de Vigo. Lugo está representado a través dun restaurante que conta co apoio da Federación de Empresarios da provincia e por outro que representa á comarca da Terra Sacra.

Ourense é a provincia con maior representación no salón no que poderán degustarse os platos típicos da cocina de interior das comarcas de Baixa Limia- Serra do Xurés, O Barco de Valdeorras e Sarreaus.

Volve tamén a Asociación Galega de Turismo Rural, AGATUR, e o Instituto Ourensán de Desenvolvemento Económico, INORDE, que ofrecerá un menú degustación baseado na pataca, un dos recursos agroalimentarios de maior peso en Ourense.

V Encontro sobre Dieta e Saúde

XANTAR acolle o quinto Encontro Ibérico sobre Dieta e Saúde, que está centrado nas propiedades saudables da Dieta Atlántica e, nesta edición do salón adicada ó Ano Santo XACOBEO 2010, tamén á promoción da Gastronomía dos distintos Camiños a Santiago.
O programa científico deste encontro abordará temas como a conservación dos alimentos ou as propiedades nutricionais das conservas de peixe e marisco na alimentación dos peregrinos. Vencellado coa saúde e a alimentación, este encontro inclúe a presentación por parte da Consellería de Sanidade dos resultados da última enquisa sobre os hábitos alimentarios dos galegos.
A análise da gastronomía como motivación turística e, dun xeito especial neste Ano Santo, é outro dos temas a tratar por distintas entidades entre a que destaca a Secretaria Xeral para o Turismo, Carmen Pardo, quen, na conferencia inaugural deste encontro, falará sobre cómo degustar Galicia durante o XACOBEO 2010.
A cociña nos Paradores do Camiño, a análise do papel que xogan os produtos de Galicia Calidade ou as confrarías gastronómicas e enófilas como embaixadores da Dieta Atlántica ou as claves para a promoción da gastronomía saudable dende os medios de Comunicación pecharan o ciclo de conferencias deste encontro.
Ademais de Galicia, este encontro tamén contará coa participación activa das comunidades convidadas a XANTAR, das rexións turísticas portuguesas e dos tres países que participaron como convidados ata o momento no salón: México, Portugal e A Arxentina.

Este encontro ten concedidos créditos de libre configuración para os alumnos da Unievrsidade de Vigo e, por primeira vez, conta coa homologación de formación para docentes en activo da Xunta de Galicia.

VI Encontro de Confrarías Gastronómicas e Enófilas

Como xa é tradicional, o xoves de Xantar, día 4 de marzo, celébrase o que será o sexto Encontro de Confrarías Gastronómicas e Enófilas de España e Portugal. Este evento tamén terá un carácter especial xa que conta cun paquete especial que inclúe a visita a Xantar pero tamén a Santiago de Compostela. Xantar é unha cita consolidada nas agendas gastronómicas destes colectivos que promoven a gastronomía de calidade.

Obradoiros gastronómicos

Os obradoiros gastronómicos de cociña en directo converteranse sen dúbida nun dos eixos centrais de XANTAR 2010 xa que este ano contan coa participación dos chefs galegos maís recoñecidos como é o caso de Marcelo Tejedor ou Xosé Torres Cannas (Pepe Vieira), así como así como por outros máis novos que comenzan a destacar neste sector e tamén chefs das comunidades e rexións convidadas.

O compostelán Marcelo Tejedor que será o pregoneiro desta edición, impartirá un obradoiro sobre a “Gastronomía Galega no Xacobeo 2010”. Pola súa banda, o cociñeiro Antonio Parra, en representación da comunidade estremeña, preparará menús da Vía da Prata e Flavio Morganti, levará acabo un obradoiro sobre os “Aromas do Camiño de Santiago”. A gastronomía dos Paradores ou do Camiño Mozárabe serán outros dos pratos que se elaborarán en vivo. Pola súa parte, a Escola de Hotelería de Lamego-Turismo do Douro participará no salón e presentará Cócteles con Espumante.
Os asistentes poderán tamén presenciar a preparación do botelo de O Barco de Valdeorras da man de Carlos Parra. Tamén cociñarán en Xantar o presidente da Asociación de Cociñeiros Promotores da Cociña Galega, Domingo González, que preparará menús da dieta atlántica e o chef Pepe Vieira, quen optará pola cociña saudable con conservas de pescados e mariscos. Do mesmo xeito, o salón acolle a chefs máis novos, como ao xa veterano en Xantar, Jorge García “Koki”, do “Mesón de Alberto” de Lugo e que preparará pratos elaborados con IXP Ternera Gallega.

Xantar ofrece obradoiros de cociña de innovación nos que prima a calidade e a profesionalidade, por elo, contará co último en equipamento grazas a Rosareiro, especialista en servizos integrais para a hostalería. Todos os obradoiros estarán coordinados polos profesores e alumnos do Centro de Formación e Cultura de Empresarios de Hostalería de Ourense, cuxo apoio fai posible un ano máis, ofrecer ao público a garantía de contar coa supervisión de especialistas. Ademais, impartirán o obradoiro de cociña inaugural sobre os pratos das rutas peregrinas dos sur.

Estas xornadas, aínda que están orientadas ós profesionais do sector da gastronomía, hostalería e turismo, tamén conteñen atractivos para o público xeral e futuros profesionais. De feito, os obradoiros gastronómicos son unha das actividades de Xantar seguidas con maior interese polo público que acode ata o salón non só para saborear o mellor da gastronomía galega e lusa, senón tamén para aprender a elaborar pratos innovadores con produtos de calidade.

Obradoiros infantís

Neste programa que se extende ós cinco días do salón, deixouse un oco para que os cativos se convirtan en cociñeiros por un día. Será o domingo 7, a partir das 12.00 horas do mediodía, cando os nenos aprenderán a elaborar postres típicos galegos como as filloas ou as orellas. Tamén participarán nunha cata na que se lles ensinará a diferenzar entre os refrescos naturais e os artificiais.

Resto de Actividades

- Viños: O viño é un dos produtos con protagonismo propio a través da presenza no salón dos Consellos Reguladores das Denominacións de Orixe galegas e da realización de catas comentadas organizadas por distintas asociacións de profesionais da enoloxía e a hostalería.

- Catas: Outra das actividades relacionadas co XACOBEO 2010 será a Cata Comentada dos Viños, Queixos e Meles dos Camiños onde participarán estes produtos galegos e os das comunidades convidadas. Estan destinadas a profesionais e público xeral.

- Degustacións: Ademais dos restaurantes, a promoción da gastronomía continúa a través das numerosas degustacións gratuitas diarias (produtos do mar, lamprea, pan, produtos ecolóxicos ou delicatessen, conservas, xamón, cafés, etc.).

- Animación e lecer: XANTAR conta cun completo programa que integra dende música tradicional galega e o folclore das comunidades convidadas como o fado portugués ou as gaitas asturianas. Destaca o espectáculo de acrobacia con tela que ofrece o stand de Cafés Lisboa ou a actuación diaria da Orquestra Delfines.

Patrocinadores

Contando coa Secretaría Xeral para o Turismo como principal patrocinador, XANTAR celebra unha nova edición respaldada por grandes empresas do sector agroalimentario galego (Cafés Lisboa, Coren, Begano, Grupo Cuevas, Estrella Galicia, Aceites Abril) e de empresas de servizos vencelladas ó sector da hostalería e o turismo (Caixanova, Galp Gas, Telefónica, Espectáculos Camoeiras, Carrefour).

O apoio institucional procede das Consellería de Medio Rural, da de Sanidade a través da Dirección Xeral de Saúde Pública e Planificación, da Consellería do Mar, da Concellería de Turismo de Ourense, da Axencia Galega de Industrias Culturais (AGADIC), do Consello Galego de Cooperativas, do INORDE e de Galicia Calidade.

A Asociación Nacional de Fabricantes de Conservas de Pescados e Mariscos (ANFACO), a Federación Provincial de Hostalería de Ourense ou a Mancomunidade Turística Terras do Avia son outros dos patrocinadores de XANTAR 2010.

www.xantar.org

Coa finalidade de potenciar a difusión da feira, Expourense conta cun portal en Internet onde expositores, profesionais e público en xeral poden obter toda a información necesaria sobre o salón e, deste xeito, dispoñer dun lugar de contacto coa organización: www.xantar.org. Tamén está en Facebook.

Silvia Pardo (Coordinadora de Comunicación Expourense)