Skip to main content

Descubra a Galicia Natural, desde Ourense

A iniciativa, promovida pola concelleira Marga Martín, está destinada a que os veciños das Asociacións de Maiores da cidade coñezan un espacio singular, descubrindo a riqueza natural, paisaxística, etnográfica, patrimonial e medioambiental de Galicia.

O obxectivo das viaxes é fomentar entre os ourensáns o coñecemento e o disfrute da rica e variedade realidade cultural, histórica e natural de Galicia, xunto co carácter lúdico e de recreo. Na campaña van participar máis de 250 persoas.

O programa inclúe o transporte en autocar con recollida na sede Social da Asociación, visitas guiadas por persoal especializado da ruta elexida, e seguro de accidentes de viaxe. 0 60% dos custes son financiados pola Concellería de Benestar Social.

A oferta de rutas turístico-culturais ofrecidas ascende a 12 opcións: ruta polas Rías Baixas-Salnés, Ruta da Costa da Morte-Fisterra, Ruta das Médulas, Ruta pola Mariña Lucense, Ruta dos Ancares, Ruta pola Cidade Romana de Lugo, Ruta pola Coruña e Rías Altas, Ruta polo Courel, Ruta pola Comarca de Sarria e Samos, Ruta pola Comarca A Guarda – O Rosal – Val Minor, Ruta polas vilas e comarcas de Mondariz – Arbo – Melgaço e Ruta polas Comarcas de Tui – Valença.

Cada visita está prevista para grupos compostos entre 35 e 55 persoas por autocar, e cunha duración non superior a un día.
Concello de Ourense