Presentado na montaña de Lugo o Plano Director de Turismo

O Plano Director é o documento oficial da Deputación de Lugo en materia de Turismo no que se reflicten os fins e as súas intencións para o período 2008 – 2011 en tres grandes apartados : representación dos Concellos, oferta de servizos de calidade e mediación no concepción da estratexia Turística.
Este instrumento de traballo converte á Deputación nun elemento dinamizador e coordinador da provincia lucense, partindo do obxectivo xeral de impulsar as potencialidades turísticas e atractivos dos concellos lucenses a través da. Segundo a vicepresidenta terceira este plano director “mellora de carencias de xestión existentes do compromiso coa calidade”.
Este acto dirixiuse non só ás medidas na provincia lucense senón á realidade dos concellos da Montaña e a área da súa influencia, destacando o turismo como complemento económico da zona e o camiño francés como vertebrador do seu atractivo.
A esta presentación estiveron convidados todos os sectores que desenvolven a sua actividade socioeconómica e cultural no eido do Turismo : Concellos, Sector Empresarial e Hosteleiro, Institucións, Oficinas de Turismo, etc, etc.
Gabinete de Comunicación da Vicepresidencia da Deputación Provincial de Lugo