Xacobeo e Turgalicia promocionan a gastronomía galega e o Camiño nos Países Bálticos

A mostra está composta por sete paneis con fotografías e textos sobre o Camiño de Santiago e o fenómeno da peregrinación. Trátase de sete paneis que queren facer un xogo simbólico cos sete días que tardou o corpo do Apóstolo Santiago en chegar na barca de pedra dende Jaffa a Iria Flavia.
Ademais de asistir aos respectivos actos nas cidades, a delegación galega está a manter contactos e reunións con representantes das embaixada española en Lituania e co seu recentemente nomeado embaixador, José Luís Solano. Con este último, establecéronse os contactos necesarios para iniciar futuras accións de colaboración de cara ao vindeiro Ano Santo. Tamén se estableceron relacións con representantes da Oficina Española de Turismo de Copenhague. En todos os actos promocionais estiveron tamén presentes touroperadores do país.
A exposición e máis a degustación trasládanse mañá a Tallin, en Estonia, país no que terá lugar o último dos actos promocionais previstos.
Gabinete de Comunicación da Consellería de Innovación e Industria da Xunta de Galicia