Skip to main content

A Consellería de Innovación e Industria pon a disposición do operativo contra incendios o Centro Superior de Hostelería de Galiza e os albergues do Camiño

A Consellaría de Innovación e Industria puxo a disposición do dispositivo contraincendios do Goberno Galego, coordenado pola Consellería do Medio Rural, os medios dispoñibles de aloxamento para dar acollida ao persoal desprazado a Galiza para colaborar nas tarefas de extinción dos lumes.

Esta mesma noite van ser acollidas máis de trinta persoas que están a traballar no operativo de extinción de lumes na residencia de estudantes do Centro Superior de Hostelería de Galicia, que depende da Dirección Xeral de Turismo da Consellaría de Innovación e Industria.

Ademais, habilitouse para o uso das brigadas de extinción, segundo as necesidades que xurdan, a rede de albergues que dependen da S.A. de Xestión do Plan Xacobeo, tamén integrada na Consellaría de Innovación e Industria.

Un grupo doutras trinta persoas pasará esta noite no albergue do Monte do Gozo, en Santiago, estando prevista a chegada a Compostela de máis efectivos nas próximas horas, que serán repartidos entre este albergue e o de San Lázaro.
----------------
Foron aloxados no Centro Superior de Hostelería de Galiza e no albergue de peregrinos do Monte do Gozo.
A Consellaría de Innovación e Industria puxo onte a disposición do dispositivo de loita contra incendios a rede de albergues de peregrinos que dependen da S.A. de Xestión do Plan Xacobeo, así como as instalacións do Centro Superior de Hostelería de Galiza.

Máis de 70 efectivos das brigadas de extinción de lumes están xa aloxados en centros dependentes da Consellaría de Innovación e Industria. Na residencia de estudantes do Centro Superior de Hostelería de Galiza (CSHG), que depende da Dirección Xeral de Turismo, pasou a noite un grupo dunha trintena de bombeiros do Principado de Asturias, desprazado a Galiza para colaborar nas tarefas de loita contra o lume.

No albergue de peregrinos do Monte de Gozo foron acollidos a pasada noite máis de 40 efectivos procedentes de diferentes puntos de Galiza e de Madrid, que se van inc
CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN E INDUSTRIA