Skip to main content

Xesús Pereira López, novo xerente de Turgalicia

O Consello de Administración da Sociedade de Imaxe e Promoción Turística de Galiza, Turgalicia, que depende da Consellería de Innovación e Industria, aprobou o nomeamento de Xesús Pereira López como novo xerente da empresa.

Doutor en Economía pola Universidade de Santiago, dende 1995 exerce como profesor de Economía Cuantitativa na Facultade de Administración e Dirección de Empresas no campus de Lugo. En relación coa súa actividade investigadora, traballa básicamente na modelización e análise económica a través da metodoloxía input-output. Tamén e autor de varios traballos e publicacións acerca do impacto do turismo na economía galega. Entre estes destacan diferentes artigos publicados en medios académicos especializados en turismo, tales como “O complexo turístico da economía galega” e outros relacionados coa medición do impacto do turismo no entramdo económico do país, incluidos en Tourism Economics e Tourism in Scientific Research.

Xesús Pereira naceu en 1970 en Santiso (A Coruña), sendo durante o período 1999-2003 portavoz municipal do BNG neste concello. Dende 2003 forma parte do grupo municipal do Bloque no concello de Melide.
Gabinete de Comunicación da Consellería de Innovación e Industria da Xunta de Galicia