Skip to main content

O concello de Ponteareas participa na feira de turismo Ferpalia 2005

Este Salón, que se celebra do 5 ao 7 de outubro, adica a súa décimo terceira edición ás festas galegas de interese turístico. Dar a coñecer estas festas e promocionalas para fomentar o turismo interno e como complemento ideal ás estancias contratadas na nosa Comunidade Autónoma é un dos obxectivos desta nova edición de Ferpalia que cada ano reúne en Pontevedra a máis de 2.000 profesionais do turismo, tanto nacionais como internacionais, para coñecer e contratar a oferta turística galega. Ao abiero de Ferpalia se desenvolve “Bocotur, bolsa de contratación turística de Galicia”, realizándose máis de 2500 entrevistas, previamente programadas, entre “tour operadores”, hosteleiros e empresarios de servizos turísticos, alcanzando un volume de negocio superior aos 36 millón de euros.

Galicia conta con 65 festas de interes turístico, 3 de interese turístico internacional e 21 festas de interese turístico nacional, entre as que se atopa a festa do Corpus Christi de Ponteareas cos seus alfombrados florais polas rúas da vila. Así pois a presenza de Ponteareas era obrigada para informar aos profesionais que se achegan ata este “Salón do Turismo de Galicia”, que no está aberto ao público e reúne soio a profesionais do sector, das posibilidades de dinamización turística que ofrece a festa do Corpus.

No stand do Concello de Ponteareas os visitantes poden achegarse á contemplación dalguns exemplos das nosas alfombras de flores confeccionadas con habelencia polos alfombreiros ponteareáns. O 18 de xuño de 2006 é a data de referencia pois daquela de novo á nosa vila muda de aspecto, nunha transformación sin parangón.
Concello de Ponteareas