Skip to main content

Milleiros de persoas participaron na promoción turística Auga en Galicia, Auga de Vida

Milleiros de cidadáns de Madrid, Valencia, e Barcelona participaron nas actividades programadas pola Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo, a través de Turgalicia, nas semanas de promoción turística de Galicia nas anteditas cidades, que baixo o lema Auga en Galicia, auga de vida, difundiron os valores turísticos da Comunidade galega relacionados co termalismo, a náutica e as augas litorais e continentais galegas entre o público destes tres mercados emisores.

Así, Turgalicia convertíu ao longo do último mes a estación de Atocha, en Madrid, o mercado de Colón, en Valencia, e as cocheiras da Casa Batlló, en Barcelona, en tres spas urbanos, nos que os habitantes das tres cidades seleccionadas para desenvolver esta acción de promoción turística puideron achegarse ás posibilidades turísticas que ofrece Galicia a través da auga.

Co fin de mostrar que a auga é cultura, Turgalicia tamén informou sobre a oferta turística da Comunidade galega, nun espacio de 500 metros cadrados na que se distibuíron varias zonas.

TURISMO DE SAÚDE

Na primeira zona, o auga bar, o visitante puido refrescarse e prepararse para a masaxe que recibíu a continuación, nunha área de relaxación ambientada con música chill out e decorada con pantallas de plasma nas que se proxectaron imaxes turísticas de Galicia e onde se puideron degustar diferentes tipos e marcas de auga galega.

Nesta degustación, en Madrid, Valencia e Barcelona, colaboraron de xeito desinteresado as marcas de augas mineiro medicinais Cabreiroá, Mondariz, Sousas, Fontenova y Aquabona Fontoira.

A continuación, na área spa, formada por 22 cabinas de masaxe, as persoas que se achegaronn aos recintos de promoción puideron elexir entre masaxes faciais, de colo ou costas que recibirán de xeito gratuíto de mans dun profesional nunha atmosfera diáfana, ambientada con diferentes músicas. Calcúlase que máis de 28.000 persoas pasaron nas tres cidades por estas cabinas de masaxes.

Para concluir o percorrido, na terceira área os visitantes tiveron a oportunidade de acceder a toda a información turística da Comunidade autónoma de Galicia.

Ademais, o usuario puido crear a súa propia burbulla de sales, escollendo entre todas as tres que estiveron dispostas pebeteiros dispostos por Turgalicia para levar como lembranza unha mostra da promoción e a auga de Galicia.

PAVILLÓN DA AUGA

Parella á celebración desta Semana de promoción turística de Galicia en Madrid, Valeencia e Barcelona, instalóuse en espacios concorridos das tres cidades o Pavillón da auga, unha unidade móbil na que todos aqueles que se achegaron a el puideron atopar toda a oferta turística galega relacionada con este elemento.

O Pavillón da auga estivo dispoñible para visitas ao longodesta promoción en horarios de 10:30 a 14:00 horas e de 17:00 horas a 21:30 horas.

SEMANAS DE PROMOCIÓN TURÍSTICA

Esta foi a oitava edición das Semanas de promoción turística de Galicia en Madrid e Barcelona, que ao longo da súa historia teñen colleitado un importante éxito de público.

Este ano, ademais destas dúas cidades, as Semanas celebráronse tamén en Valencia, capital dunha das Comunidades autónomas nas que máis medrou a demanda de turistas cara a Galicia.
Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia