O Xullo Pop volve á Coruña cun cartel formado por Anxo Araújo, Garza e Grampoder

“Interferencias” chámase a proposta que Garza levará ao Colón o día 2. Garza é o proxecto de música electrónica de Adrián Charlín, moitos anos batería de varias bandas do panorama alternativo galego. Garza combina diferentes estilos, desde o experimental e escuro ata a música de clube máis accesible, sen abandonar nunca o apoio do o ambient, deep, trip-hop, Idm, etc. Garza trata de crear unha música de atmosferas que xogan constantemente coas intensidades. No concerto utilizará baterías, teclados e sintetizadores para compoñer un espectáculo moi atractivo a nivel sonoro e visual, con proxeccións de Xoan Tourís e do propio Garza, todo para que o público se mergulle nunha intensa viaxe de emocións, na que Charlín estará acompañado, ademais de por Tourís, por Matías Unruh, Marta de Soto, Cecilia Burillo e Rosalía Fernández Rial.
O domingo 3 o dúo compostelán Grampoder volverá aos escenarios co concerto “PM”, nunha versión máis enérxica, máis eléctrica e máis escura do seu rock portátil. A banda regresa para presentar novas cancións nas que exploran as texturas do pop psicodélico, a rabia do hardcore e a densidade do post-punk.
Deputación da Coruña