Skip to main content

Presentado o Courel Son 2022, Jazz e Blues na Montaña

Ademais, durante os concertos ofreceránse aos asistentes productos da zona e, ao día seguinte dos mesmos, das mesmas airas que serviron de escenario, sairán pequenas rutas-paseos temáticos e interpretados, que serán dirixidos polos distintos axentes que traballan no territorio. Éstes serán os concertos, as datas e as localizacións; todos eles a partires das 20:30h.:

Lucía Martínez Cuarteto.
-Venres, 15 de Xullo, en Seoane do Courel: Lucía Martínez Cuarteto. A baterista, compositora, exploradora e mestra de jazz viguesa quizais co seu proxecto máis íntimo, aquel que se formou alá polo 2009 ao redor da escola de Jazz de Porto. O seu primeiro traballo xuntos, Soños e Delirios, foi recoñecido pola crítica naquel lonxano 2009 como unha das mellores grabacións do ano, un soplo de aire fresco no Jazz europeo. Hoxe, en 2022, Lucía Martínez Cuarteto veñen a presentar na Vila de Seoane Calma y Algo Más, novo traballo que está a piques de saír ao mercado. Nestes caseque 15 anos de actividade, moitos foron os escenarios europeos e mundais que levan pisado todos e cada un dos membros deste cuarteto con distintos proxectos ou con éste, o “seu”cuarteto.

Por unanimidade, mellor concerto para a crítica do pasado Festival de Vitoria-Gasteiz, poderíanse encher follas e máis follas falando e loubando a Lucía Martínez pero, quizais, o que máis podemos salientar é que Lucía Martínez soa, en todos e cada un dos seus proxectos, a Lucía Martínez; e é esa identidade, esa forte personalidade en todas e cada unha das súas actuacións ou composicións, a que nos fan ver que estamos ante unha auténtica figura do Jazz europeo.

Lucía Martínez Cuarteto son: Lucía Martínez: percusión, batería, electrónica e composición, João Pedro Brandão: saxo alto e frauta travesera, Pedro Neves: piano, Carl Minnemann: contrabaixo.

The Fabulous Resaca Brothers.
-Sábado, 16 de Xullo, en Vilamor: Formados fai case unha década, o quinteto compostelá é habitual dos festivais de Blues galegos e peninsulares. Sendo quen de abranguer en cada un dos seus concertos tódolos paus do Blues, The Fabulous Resaca Brothers son un grupo feito eminentemente para o directo. Un directo poderoso que non deixa a ninguén indiferente e que fará que os calellóns de Vilamor revivan ao ritmo destas músicas nadas ao redor dos campos de algodón a comezos do Século XX. Un concerto ao que ninguén que queira pasar un bo rato desfrutando da música nun espazo único, debería faltar.

Los Winters.
-Sábado, 23 de Xullo, Folgoso: 25 anos sobre os escenarios avalan a este trío madrileño. Mellor banda homenaxe ao bluesman albino Johnny Winter, Phineas Sánchez ( baixo), Pino Sambataro (batería) e Kpow Alburquerque (guitarra e voz), formaron este grupo en 2014 e, dende entón, non paran de recibir recoñecemento en todo o panorama do Blues eléctrico nacional. Moitos son os proxectos polos que teñen pasado estes tres xigantes do blues peninsular, dende Ñaco Goñi y Los Bluescavidas ou Raimundo Amador, ata Bebe ou, cómo non, Edu Manazas & Whiskey Tren. Tres músicos que atopan neste proxecto a súa válvula de escape para amosar a fervente admiración que sinten polo finado Johnny Winter, figura emblemática do Blues americano. Los Winters é a homenaxe perfecta. Reviviremos en Folgoso aqueles concertos de finais dos 60, os 70 ou os 80 nos que o público enchía grandes escenarios para desfrutar da música e a personalidade do fino guitarrista albino.

Marcos Coll feat. Remy Bankyln.
-Domingo, 24 de Xullo, Seceda: Falar de Marcos Coll é falar, quizais, do harmonicista actual máis recoñecido mundialmente. Dende que en 1995 forma a súa rimeira banda (Blue Rags) e xa naqueles primeiros tempos, Marcos non parou de tocar e de compartir escenario con algún dos máis grandes músicos de tódolos tempos: Buddy Miles, Mick Taylor, Tom Jones… Pero é cando forma, con Adrián Costa, Los Reyes del KO cando empeza o seu verdadeiro recoñecemento mundial, subindo aos escenarios de todo o mundo con figuras coma Buddy Guy, Chuck Berry, The Animals, John Mayall ou Robert Cray.

Dende 2004 vive en Berlín e dende a capital alemana non para de xirar por todo o mundo amosando o seu dominio da harmónica, que lle valeu para ser elexido como imaxe das coñecidas harmónicas Hohner en 2009 e 2013. Alí segue editando traballos con distintos músicos que ven en Marcos a figura mundial imprescindible para as súas sesións.E, tamén dende alí, Marcos descubre grandes promesas deste estilo, como é o caso do novísimo guitarrista e cantante Remy Banklyn, que o acompañará neste concerto en Seceda. Nado en Palma de Mallorca, pero residente actualmente en Londres, Remy é habitual nos círculos de Blues da capital do Imperio e nesta xira, xunto con Marcos Coll, prometen emocións fortes, previas á edición do seu primeiro traballo conxunto, que poderemos desfrutar cara ao outono.

Sumrrá:
-Sábado, 30 de Xullo, Paderne: qué dicir do trío de Jazz galego máis recoñecido internacionalmente! Décadas de experienza enriba dos escenarios de medio mundo, premios nos cinco continentes, recoñecemento de público e crítica en todos e cada un dos lugares nos que levan tocado… A Aira do Quintairo de Paderne aínda vibra ao son do concerto co que Sumrrá pechou o CourelSon 2018 e, cómo non podía ser doutro xeito, vibrará de novo neste 2022, no que o trío compostelá presentará o seu “7 Visións”.

Rodeados de natureza, de soutos, de afloramentos calcarios, a maxia conxunta destes tres magos fará do peche do CourelSon un recordo inesquecible para os que teñan a oportunidade de asistir. Porque: a qué soa Sumrrá? Pois Sumrrá soa a Sumrrá, e isto é o mellor que se pode dicir dun grupo; e, en Paderne, soarán a Sumrrá en Courel, e isto si que é insuperable para ningún outro escenario o concerto que se faga en ningún outro lugar do mundo.

Sumrrá son: Xacobe Martínez Antelo: contrabaixo; Manuel Gutiérrez: teclado; LAR Legido: percusión.
Asociación de Desenvolvemento Rural Serra do Caurel