Este luns presentarase o II Festival Internacional de Música clasclas, que se celebrará en Vilagarcía de Arousa

Anastasia Kobekina é unha das máis sobresaliente virtuosa do seu instrumento. Nada nunha familia moi musical, debutou como solista con tan só 6 anos. Dende entón ten ofrecido concertos con importantes orquestras mundiais como Virtuosos de Moscú, Vienna Symphony, Kremerata Baltica ou Orquestra do Mariinsky, e con directores como Penderecki, H. Schiff, Spivakov ou Gergiev. Premiada en numerosos concursos internacionais, Anastasia Kobekina toca habitualmente música de cámara en diversos festivais con artistas como G. Kremer, Y. Bashmet, D. Matsuev, Fazil Say ou G. Braunstein, entre outros.
Pola súa banda, a pianista rusa Olga Kobekina reside en Barcelona dende os 19 anos, onde traballa coma pianista e profesora de piano no Conservatorio do Liceo. Ten realizado numerosas colaboracións con destacados cantantes. É ademais habitual nas producións do Gran Teatre do Liceu e realizou xiras en España, Rusia, Corea, Polonia, Francia, Cuba ou Italia.
Festival Internacional de Música clasclas