Tui celebra as festas de San Telmo cunha programación para todos os públicos do 20 ao 29 de abril

Por outra parte Carlos Vázquez Padín destacou a proposta musical das festas na que se aposta pola música orixinal con actuacións destacadas coma a de Blas Cantó o sábado 27 e a orquestra Mondragón o domingo 28, amais dos grupos tudenses Mi Calip’s e Factor 50 que actuarán o venres 26, e Patricia Moon o sábado 20. A oferta musical contempla tamén a presenza do Combo Dominicano na noite do luns 29, e ao longo das festas estarán o grupo América ( domingo 21) e as orquestras Passarela (sábado 27) e Saudade (domingo 28).
As festas comezarán o sábado 20 ás 19 h coa lectura do pregón a cargo do filatelista tudense Carlos Pérez-Fonterosa Antón, nun acto no Teatro Municipal onde actuará a Banda de Gaitas San Xoán de Paramos. O primeiro día das festas Pablo Méndez Performances presentará no Paseo da Corredoira o seu espectáculo “Quimera”. Non faltarán eventos tradicionais coma o festival folclórico ou a Semana de Teatro Afeccionado.
Concertos da Banda de Música Popular de Tui e da Banda de Música da Escola Naval Militar de Marín, o V Encontro de Bandas de Gaitas, e actuación de charangas completan a oferta musical.
Están previstas actividades infantís de luns a venres de 11 a 13 h, e proxeccións de cinema infantil ás 16.30h. Tamén para público infantil programouse unha festa con Menudo Circo. As corais de Tui actuarán nas residencias e no centro de día do municipio. O deporte estará presente coas actividades previstas de bádminton, judo, tenis de mesa, xadrez, remo e baloncesto. A Copa San Telmo Eurocidade de fútbol, a Carreira Popular Solidaria de San Telmo, e as finais autonómicas do programa Bádminton + centran a oferta deportiva. O luns de San Telmo celebrarase a tradicional Feira dos Cabalos. Continúa tamén até o luns 29 a Festa do Meixón en 6 restaurantes tudenses. Xa no tocante aos actos relixiosos destaca a solemne procesión de San Telmo o luns 29 ás 21 h.
Concello de Tui