Skip to main content

Noitepedras Astronómico: Petróglifos e Constelacións

Benito Vilas chega a Noitepedras Astronómico despois do seu paso polo máster de Astronomía Cultural y Astroloxía da Universidade de Gales Trinity Saint David. Benito falará dos mitos gregos de creación do universo asociados coas constelacións, e da curiosa teoría de interpretación da cornamenta do cervo de Laxe dos Carballos coma un calendario solar.

O prezo por participar nesta edición de NOITEPEDRAS ASTRONÓMICO é de 10 euros/persoa na opción de soamente visita guiada “Petróglifos e Constelacións”, e 15 euros/persoa no caso de escoller a modalidade de “Bocatas Rupestres”, xa que ademais da visita guiada, inclúe un bocadillo e un refresco para cear na contorna do poboado da Idade do Bronce.

Agardamos que poidades gozar connosco desta singular oferta de turismo astronómico que pretende aproveitar a practicamente nula contaminación lumínica existente no Concello de Campo Lameiro.

Horario: tódolos sábados de setembro (3, 10, 17 e 24) de 21:00 á 23:00 horas.
Prezo: “Petróglifos e Constelacións” 10 euros (visita guiada) + “Bocatas Rupestres” 15 euros (visita guiada+ cea de bocadillo).
Lugar: Parque Arqueológico de Arte Rupestre de Campo Lameiro (www.paar.es).
Contacto: reservas@paar.es/986696066. Aforo máximo de 30 persoas. Obrigada a reserva de praza.



Parque Arqueológico de Arte Rupestre de Campo Lameiro