Skip to main content

Os mellores boleros sonarán en Ourense co espectáculo “Alma, corazón e vida”, do barítono galego Borja Quiza

“Alma, corazón e vida son tres ingredientes esenciais para cantar ao amor. Tres elementos que inspiran a Borja Quiza para crear esta selección de cancións de amor e desamor por todos coñecidas, pero versionándoas para adaptalas á súa profunda interpretación musical.

“Bésame mucho”, “Perfidia”, “Soñar contigo” ou “Piensa en mi” son algúns dos títulos que o barítono galego interpretará rodeado de 10 músicos para invocar ao amor que ao fin e ao cabo, é a enerxía que move ao mundo.

Nado en Ladrido (Ortigueira) en 1982, formou parte da coral Follas Novas, do coro da Orquestra Sinfónica de Galicia, e intérprete tanto de ópera como de zarzuela. Ten interpretado importantes papeis protagonistas, coma o Fígaro do Il Barbiere de Siviglia, Guglielmo de Così fan tutte o Papageno da Die Zauberflöte ou Marcello de La Bohème. En 2009 gañou o premio español Ópera Actual como o mellor cantante lírico daquel ano e en 2010 o Premio Lírico Teatro Campoamor de Oviedo como mellor intérprete de zarzuela.

Borja Quiza estará acompañado na súa actuación en Ourense polos músicos Javier Cedrón (violín), Adrián Lage (trompeta), Miguel González (Saxofón), Suso Iglesias (acordeón), Ruben Deschamps (guitarra), Fernando Briones (piano), Simón García (contrabaixo), Brais Villar (batería), Carlos Meléndrez (percusión latina), Borja Quiza.

Verán cultural 2016

A programación cultural da Concellería de Cultura para este verán mantén tamén a súa cita coa música nos seus diferentes estilos tódolos xoves na Praza de San Martiño. Alí será pasado mañá, 25 de agosto, ás 23:00 horas, o concerto do grupo Los mecánicos.

Esta cita fixa dos xoves na Praza de San Martiño, manterase ao longo de todo o mes de setembro, coas actuacións de Delicatessen Group (día 1), Fado violado (día 8), Rosa Cedrón con Emilio Rúa (día 15), Tonichi y Pacheco (día 22) e Sleepwalker (día 29), nestes casos, sempre ás 22:00 horas
Concello de Ourense