Skip to main content

campUSCulturae reflexiona nun simposio internacional sobre a relación cultural entre España e Italia a través das viaxes

Trátase dunha actividade proposta polo proxecto campUSCulturae en colaboración coa Área de Italiano da Facultade de Filoloxía que se desenvolverá no Seminario de Estudos Galegos Padre Sarmiento (Rúa de San Roque).

Ao longo dos días 16, 17 e 18 de marzo están programadas intervencións de investigadores e investigadoras españois e italianos sobre como a literatura e estudos diversos teñen reflectido o concepto das viaxes ou as peregrinacións en distintos momentos das tradicións culturais dos dous países.

O simposio inaugúrase este martes 16 ás 10.00 horas nun acto no que participan o vicerreitor de Comunicación e Organización da USC, Xosé Pereira Fariña; o secretario xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia, Valentín García; o coordinador científico do Centro Ramón Piñeiro, Manuel González; e coordinador do proxecto campUSCulturae, o profesor da USC Xosé A. Neira Cruz. A continuación, a catadrática de Filoloxía Italiana da USC Isabel González pronunciará a conferencia de apertura ‘Dous xeitos de viaxar a Compostela: Cosimo dei Medici, un príncipe piadoso, e Nicola Albani, un peregrino devoto’.
Gabinete de Comunicación da Universidade de Santiago de Compostela (USC)