Skip to main content

A revista Viajes National Geographic recomenda visitar o Parque de Castrelos de Vigo no seu número deste mes de marzo



O Parque de Castrelos de Vigo constitúe a visita recomendada pola revista “Viajes National Geographic”, considerada como líder no seu sector, na súa sección “Fin de semana” do número 60, correspondente ao mes de marzo deste ano.

O artigo, que se pode ler na páxina 14 da publicación, elixe a cidade como destino turístico e considera o Parque de Castrelos como o recinto máis emblemático da cidade, calificándoo como “unha das zonas verdes máis belas e extensas de Vigo”, cos seus xardíns de estilo afrancesado.

Ao mesmo tempo, salienta o significación histórica do pazo, xa que asegura que entrar neste edificio, que xurdiu como pazo no século XVII “é como dar un salto atrás na historia” e afirma que permite coñecer “a época da fidalguía galega”.
Na mesma liña, suliña a importancia da colección pictórica albergada nas instancias do pazo, que reune obras de autores galegos desde mediados do século XIX ata a actualidade, como poden ser Souto, Colmeiro ou Laxeiro.

De forma independente ao texto principal, no artigo se recomendan outras visitas indispensables para coñecer o principal da cidade, como a Pedra, o xardín do Castro, e Samil.

A importancia de que Vigo sexa reseñada na revista Viajes National Geographic, de carácter mensual, ven dada pola relevancia da publicación, que conta, según o EGM do 2004, con 301.528 lectores e según a OJD, cunha difusión de 60.055 exemplares.



A referencia á publicación pode consultarse no enderezo electrónico www.ngviajes.com, na que se inclue o índice dos diferentes números así como os artigos que integran cada un dos exemplares.
Departamento de Cultura, Concello de Vigo