Skip to main content

Noticias

  • O equipo da compañía Inversa Teatro inicia unha estadía de seis días no Salón Teatro de Santiago para ofrecer ata o domingo oito funcións do seu espectáculo Sofía e as postsocráticas, no que aborda a violencia machista e as causas estruturais do maltrato. Marta Pérez é a autora desta proposta, construída a partir de materiais de creación colectiva, ademais de dirixila e protagonizala xunto a María Roja e Silvia Pena. Nesta montaxe de Inversa Teatro, os filósofos Sócrates, Platón e Aristóteles suben a escena, interpretados por mulleres.
  • 'Nadal en Galicia' é o nome da guía que recolle unha selección das actividades de lecer programadas en distintos concellos da Comunidade, co obxecto de difundilas entre galegos e visitantes como parte da oferta turística do outono e o inverno. Esta publicación conta con tres apartados nos que se distribúen un total de 52 actividades que se desenvolven en municipios das catro provincias galegas. Neste sentido, dentro de Nadal en Galicia atópanse 25 beléns relacionados por provincias.
  • A Coruña Respira ofrece unha serie de actividades dirixidas aos músicos e músicas da cidade e da súa area metropolitana para contribuír á súa formación e darlle unha visión global sobre o sector musical e os seus retos no presente e no futuro. Este plan de promoción e produción para músicos e músicas contará con actividades abertas ao público. Están confirmadas unha serie de clases maxistrais, charlas formativas, “speed meetings” entre músicos e programadores, doce concertos e a inauguración da exposición Soundtrack sobre fotografía musical.
  • A Fundación Cidade da Cultura presentou un avance da súa programación de inverno, na que os nenos e nenas terán un papel destacado, especialmente nos meses do Nadal. Obradoiros creativos, cinema e unha grande árbore de Nadal para decorar en común sobresaen entre as actividades se poderán gozar no Gaiás. O Museo Centro Gaiás transformarase nunha auténtica Cidade do Nadal que abrirá as súas portas na tarde do 14 de decembro co acendido das luces que este ano iluminarán tanto o interior do museo como o exterior do Gaiás.
  • A Xunta de Galicia celebrará o décimo oitavo aniversario da declaración por parte da Unesco da Muralla Romana de Lugo como Patrimonio da Humanidade cunha mesa redonda no salón de actos da Delegación Territorial e unha exposición con paneis que describen de maneira gráfica as actuacións realizadas nos últimos anos e as propostas que se van desenvolver nos próximos meses. Coincide esta celebración coa do Ano Europeo do Patrimonio Cultural.
  • Así o constatan os resultados da última Enquisa de Confianza Turística Empresarial publicada por Exceltur. O estudo sitúa a Galicia como o segundo destino da España Verde con mellores perspectivas turísticas por parte dos profesionais para este último trimestre do ano. De feito, o 79,1% dos empresarios galegos amosa o seu optimismo de cara a manter ou mellorar resultados, por riba do resto de destinos da España Verde, agás do País Vasco. O turismo ten cada vez máis peso na Comunidade como actividade xeradora de riqueza, que supón o 11% do PIB e o 12% do emprego.
  • Os Obradoiros de Sabores son un espazo especialmente deseñado para dar a coñecer os produtos da pesca, o marisqueo e a acuicultura, así como da industria agroalimentaria galega, aos representantes máis relevantes dos sectores da comercialización por xunto, importadores e cos restauradores do país. Nel a prensa especializada tamén ten un lugar relevante, transformando esta iniciativa deste xeito nun escaparate dos produtos galegos comercializados nese país.
  • A xuntanza, que dá continuidade aos traballos iniciados no Pleno da Comisión, permitiu acordar a definición das liñas estratéxicas do vindeiro Ano Santo, paso previo á redacción do Plan Estratéxico do Xacobeo 2021. Estas liñas estratéxicas deberán perseguir o obxectivo xeral de potenciar e actualizar a marca Galicia, reforzando a proxección internacional do noso país, impulsando a renovación da oferta galega e consolidando Galicia como un destino único, referente cultural e turístico. A Comisión Executiva do Xacobeo 2021 informou das últimas decisións aprobadas a nivel nacional no Consejo Jacobeo.
  • PortAmérica, Resurrection Fest, Atlantic Fest, Vive Nigrán, Sinsal SON Estrella Galicia, 17º Ribeira Sacra, SonRías Baixas, Revenidas, Festival de la Luz e WOS Festival son os 10 eventos asociados a esta primeira temporada de FEST Galicia. Os 10 festivais de verán asociados este ano á marca FEST Galicia congregaron preto de 200.000 asistentes, que foron así mesmo os receptores das diferentes actividades de promoción e concienciación desenvolvidas baixo esta iniciativa.
  • A Dirección Xeral de Emerxencias e Interior vén de activar a alerta laranxa por temporal costeiro, por vento e por choiva nas provincias de Lugo, A Coruña e Pontevedra. Segundo a Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET), a partir desta noite esperase mar combinada con ondas que poderán superar os 6 metros e vento en mar de forza 7-8. Afectará ao litoral do oeste e noroeste da provincia da Coruña. A partir das 9,00 horas de mañá, actívase tamén a alerta laranxa por choiva. Estímase que poden chegar a acumularse 80mm en 12 horas.