Noticias
-
O Salón Teatro de Santiago de Compostela acolle esta fin de semana a montaxe Os fabulosos cleaners, de Malasombra Producións, a segunda das tres propostas do ciclo Gran Teatro para os Máis Pequenos, organizado polo Centro Dramático Galego (CDG) como unha programación especial de Nadal que combina espectáculos con talleres infantís. A asistencia ás funcións, que terán lugar o sábado 29 ás 19,00 h. e o domingo 30 ás 12,30 h., pode combinarse coas dúas entregas do taller titulado Visto non visto, dirixido a nenos e nenas a partir de tres anos.
-
No evento, que se celebra ata o 5 de xaneiro, participan un total de 25 obradoiros pertencentes á marca Artesanía de Galicia, especializados en oficios como a xoiaría, o coiro, a cerámica, o téxtil, a elaboración de calzado e de zocos, a talla en madeira ou a aplicación do oficio tradicional das colareiras aos complementos. A mostra complétase coa participación dun obradoiro especializado no téxtil procedente do Norte de Portugal.
-
A estratexia de desestacionalización do turismo en Galicia acadou un novo fito no mes de novembro, cun crecemento do 6,6% na demanda hoteleira en comparación co 2017 ata acadar os mellores rexistros en 11 anos. Así se desprende dos datos difundidos hoxe polo Instituto Nacional de Estatística (INE), que confirman a consolidación desta actividade na Comunidade durante a tempada de outono por terceiro ano consecutivo, unha época na que se están a realizar destacadas iniciativas de promoción e dinamización froito da colaboración entre a administración e o sector.
-
A celebración do XIII Festival Internacional Rebulir (FIR) de baile e música tradicional inclúe variadas accións culturais que se desenvolven en Ourense, Celanova e Ramirás ata este sábado día 22, data na que terá lugar a actuación central e a entrega de premios. O Festival Internacional Rebulir estase a converter en punto de referencia na recuperación da música e o baile tradicional, grazas ao traballo desenvolvido por esta asociación a través das súas actividades de recuperación, aprendizaxe e divulgación da cultura galega.
-
Inaugurada hoxe no concello lucense de Portomarín a exposición itinerante que conmemora o 25 aniversario da inclusión do Camiño Francés na Lista Indicativa do Patrimonio Mundial da Unesco. A mostra fotográfica realiza unha retrospectiva sobre este fito que, no contexto do Xacobeo 93, marcou un antes e un despois na peregrinación a Compostela. Ao longo deste cuarto de século o Camiño Francés avanzou de maneira notable en todos os aspectos relativos á súa xestión e posta en valor.
-
A Cidade da Cultura de Galicia xa ten datas —do 7 ao o 16 de febreiro de 2019— para o festival máis vangardista das artes escénicas en Galicia, Escenas do cambio, no que se poderán ver dezasete obras escénicas, procedente de sete países (España, Portugal, Francia, Alemaña, Suíza, Polonia e Porto Rico) nunha programación que terá o privilexio de reunir nunha mesma edición a dous grandes referentes da vangarda, como son Esther Ferrer e Isidoro Valcárcel Medina. Estes dous tótems da cultura contemporánea teñen cadanseu Premio Nacional e o Premio Velázquez de Artes Plásticas, os recoñecementos de máis prestixio neste eido en España.
-
Os portos de titularidade autonómica das Rías Baixas –franxa costeira entre Muros e Tui- recibiron 7.400 barcos en tránsito durante este ano, segundo datos facilitados polos propios xestores das instalacións náutico recreativas. Estas cifras reflicten unha suba interanual nesta actividade do 18% nas Rías Baixas. Así o sinalou esta mañá o presidente do ente público responsable da xestión destas infraestruturas, Portos de Galicia, José Juan Durán, nunha rolda de prensa nas oficinas portuarias de Pontevedra.
-
O I Simposio Internacional Os estudos galegos camiño do Xacobeo 21 reunirá en Santiago de Compostela a 150 especialistas en lingua, cultura e proxección exterior, nomeadamente os vencellados á Rede de Lectorados Centros de Estudos Galegos da Xunta de Galicia, do 14 ao 15 de decembro. O obxectivo é compartir experiencias e definir os eixes de actuación da proxección exterior do noso patrimonio cultural e lingüístico enfocándoos cara o Xacobeo 2021. O simposio está dirixido a persoal docente e investigador das universidades, axentes de turismo e persoal doutras institucións que traballan en proxección exterior.
-
O outono galego considerouse moi cálido debido ás elevadas temperaturas rexistradas no mes de setembro. Así se recolle no Informe climatolóxico correspondente á estación, elaborado por Meteogalicia. A temperatura media do outono (meses de setembro, outubro e novembro) -obtida a partir das anomalías medias en once estacións meteorolóxicas representativas, acadou un valor de 15.4 ºC, polo que se rexistrou unha anomalía positiva na temperatura media de +0.96 ºC. Asemade, a chuvia media para as dezaseis estacións que compoñen a serie rexional foi de 394 L/m2., polo que a anomalía media das precipitacións en Galicia foi un 2 % inferior ao valor normal.
-
Cúmprense 25 anos da Declaración do Camiño Francés en España, que son lembrados durante estes días pola mostra 'Fotos dos XXV anos da Declaración do Camiño Francés en España'. Nela pode observarse a destacable presenza que ten Galicia na selecta lista do Patrimonio Mundial, coa Muralla de Lugo, a Torre de Hércules e os Camiños do Norte. Ademáis, hai soamente dúas semanas a Pedra Seca incorporábase ao Patrimonio Cultural da Humanidade e, agora mesmo, están en marcha tres candidaturas: a Ribeira Sacra, as Cíes-Illas Atlánticas e O Ferrol da Ilustración, ademais da celebración neste 2018 do Ano Europeo do Patrimonio Cultural.