Skip to main content

Sanidad modifica a orde que calculaba o aforo das praias a partir dos seis metros da preamar

Tal e como reclamara o conselleiro, o cálculo anterior impediría o uso de moitos dos areais galegos. Outra das peticións realizadas polo conselleiro Almuiña é permitir aos estudantes universitarios que se poidan desprazar entre provincias para recoller as pertenzas que deixaron nos seus lugares de estudo, coa entrada en vigor do estado de alarma.

O Ministerio tamén accedeu a que en Galicia se poidan retomar as actividades de tanatoestética en cadáveres de persoas que non faleceran por covid.

Mobilidade

Xunto cos asuntos anteriormente sinalados, o responsable da sanidade pública galega volveu reiterar na xuntanza a petición da Xunta para que se facilite a mobilidade interprovincial en concellos limítrofes. Almuiña plantexou de novo varias alternativas, en concreto, para que se permitan as visitas entre familiares de ata segundo grao que vivan en provincias distintas e dentro da Comunidade Autónoma, así como de permitir o desprazamento a outra provincia cando a súa finalidade sexa visitar a un familiar usuario de centros residenciais.

Igualmente, Almuiña reiterou a petición de que se acceda á mobilidade interprovincial para realizar visitas tuteladas ou supervisadas aos nenos ou adolescentes dos centros de protección e reforma ou para o uso dos Puntos de Encontro Familiar; e respecto das viaxes a segundas residencias, que estean permitidas aínda que estean en diferentes provincias, sempre que se pernocte nas mesmas.
R.