Sanidad modifica a orde que calculaba o aforo das praias a partir dos seis metros da preamar
Tal e como reclamara o conselleiro, o cálculo anterior impediría o uso de moitos dos areais galegos. Outra das peticións realizadas polo conselleiro Almuiña é permitir aos estudantes universitarios que se poidan desprazar entre provincias para recoller as pertenzas que deixaron nos seus lugares de estudo, coa entrada en vigor do estado de alarma.O Ministerio tamén accedeu a que en Galicia se poidan retomar as actividades de tanatoestética en cadáveres de persoas que non faleceran por covid.
Mobilidade
Xunto cos asuntos anteriormente sinalados, o responsable da sanidade pública galega volveu reiterar na xuntanza a petición da Xunta para que se facilite a mobilidade interprovincial en concellos limítrofes. Almuiña plantexou de novo varias alternativas, en concreto, para que se permitan as visitas entre familiares de ata segundo grao que vivan en provincias distintas e dentro da Comunidade Autónoma, así como de permitir o desprazamento a outra provincia cando a súa finalidade sexa visitar a un familiar usuario de centros residenciais.
Igualmente, Almuiña reiterou a petición de que se acceda á mobilidade interprovincial para realizar visitas tuteladas ou supervisadas aos nenos ou adolescentes dos centros de protección e reforma ou para o uso dos Puntos de Encontro Familiar; e respecto das viaxes a segundas residencias, que estean permitidas aínda que estean en diferentes provincias, sempre que se pernocte nas mesmas.
R.

