Skip to main content

Feijóo fai balance con representantes do Clúster do Turismo de Galicia

O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, mantivo un encontro con representantes do Clúster de Turismo de Galicia, para coñecer de primeira man o balance sobre os obxectivos ata o momento e fixar os retos e as directrices a seguir ata 2021.

No acto, que tivo lugar no Restaurante do Centro Superior de Hostelería de Galicia, servido polos alumnos que estudan alí, tamén estiveron presentes a directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, e o presidente do Clúster, Francisco González.

Alí analizáronse polo miúdo os logros acadados desde 2014, ano no que se constituíu o Clúster, e o sector tamén aproveitou para transmitirlle ao presidente da Xunta as súas inquedanzas e necesidades.

No que atinxe aos retos do futuro, Nava Castro lembrou que se plantexou “o obxectivo, como xa manifestou o presidente en Fitur, de recibir cinco millóns de turistas en 2016”. Neste senso, agarda que “esta xuntanza sirva para preparar ese camiño”.
Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia