Feijóo fai balance con representantes do Clúster do Turismo de Galicia

No acto, que tivo lugar no Restaurante do Centro Superior de Hostelería de Galicia, servido polos alumnos que estudan alí, tamén estiveron presentes a directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, e o presidente do Clúster, Francisco González.
Alí analizáronse polo miúdo os logros acadados desde 2014, ano no que se constituíu o Clúster, e o sector tamén aproveitou para transmitirlle ao presidente da Xunta as súas inquedanzas e necesidades.
No que atinxe aos retos do futuro, Nava Castro lembrou que se plantexou “o obxectivo, como xa manifestou o presidente en Fitur, de recibir cinco millóns de turistas en 2016”. Neste senso, agarda que “esta xuntanza sirva para preparar ese camiño”.
Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia