Galicia ensaiará a reapertura do ocio nocturno cando se dean as circunstancias, cun 50% de ocupación dos locais, controis de acceso e rexistro de clientes
Ademais das indicacións para a proba piloto, o documento inclúe medidas sanitarias e unha recomendación de boas prácticas para unha desescalada gradual, dinámica e reversible. Serán seis os locais nos que o 12 de xuño se fagan as probas. Segundo se acordou cos representantes do sector, o plan piloto activarase en dúas discotecas (unha con superficie superior a 1.500 m2 e outra inferior) e en catro pubs (un en cada provincia). Para entrar nas discotecas será necesario facelo con invitación previa e cunha PCR negativa. En todos eles o uso da máscara será obrigatoria.
A ocupación dos locais non poderá superar o 50% da súa capacidade no interior e o 75% en terrazas e espazos ao aire libre. Deberá garantirse a separación mínima de 1,5 metros entre mesas, así como as distancias interpersoais. Os establecementos que participen na proba deberán pechar as portas á unha da mañá.
Os responsables dos locais deberán declarar e exhibir a ocupación máxima, así como levar un control e un rexistro dos clientes que terán que gardar durante tres meses para poder ser localizados en caso de gromos. Tamén deberán garantir a correcta ventilación empregando aparellos medidores de CO2.
A pilotaxe permitirá obter datos en varios establecementos e o seu estudo facilitará mellorar as medidas para a reactivación do ocio nocturno cando se dean as circunstancias, xa que a finalidade última do plan é protexer a traballadores e clientes reducindo as posibilidades de contaxios.
O acordo afecta a discotecas, pubs, cafés-espectáculo, salas de festas e salas de concertos, e encádrase dentro dos habituais encontros entre a Administración galega e o sector para reducir o impacto da crise sanitaria nos seus negocios. Nese contexto, a Xunta vén de habilitar unha partida de 4 millóns de euros que destinará integramente ao ocio nocturno en compensación polos meses nos que tivo que permanecer pechado polas restricións.

R.