Skip to main content

Noticias

  • A Catedral de Santiago asinou hoxe un convenio con Turismo de Galicia, a través do cal a Xunta de Galicia colaborará na primeira fase do plan de ordenación de visitas ao Pórtico da Gloria deseñado polo Cabido da Catedral de Santiago e que dará comezo o vindeiro venres 27 de xullo e se estenderá ata finais de setembro. Ao abeiro deste acordo, Turismo de Galicia fará posible que se dispoña dun equipo permanente de vixiantes de seguridade en todo o horario de apertura que se encargará de regular os fluxos de visitantes.
  • A Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia remata cun récord de asistencia de espectadores, chegando case ao 100% da ocupación das localidades no Castelo e cunha participación masiva nas rúas e nas actividades paralelas. O Premio do público recaeu na compañía A PANADARÍA, co espectáculo ELISA E MARCELA, superando por décimas á segunda máis votada, a mexicana Los Colochos con Mendoza. Esta edición destacou pola media alta de asistencia e valoración dos espectáculos, tamén pola proxección internacional e pola repercusión que a MIT está tendo en diversos ámbitos, do económico ao social.
  • Os membros da Comisión Executiva do Consejo Jacobeo aprobaron hoxe o logotipo oficial do Xacobeo 2021 a proposta do Goberno galego, que estivo representado pola directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, a directora xeral de Patrimonio Cultural, María del Carmen Martínez Ínsua e a comisaria do Xacobeo 2021. Co fin de actualizar algúns aspectos da marca, o novo logotipo retoma o punto de partida da imaxe anterior polo que a vieira continúa a ter protagonismo como un elemento iconográfico do Camiño de Santiago.
  • Los viticultores, bodegueros, enólogos y sumilleres más distinguidos de Galicia se dieron cita en el Parador de Santo Estevo de Ribas de Sil para asistir a una nueva edición de las Catas Oficiales de Vinos y Aguardientes de Galicia, el evento más importante para el sector vitivinícola de la comunidad. A través de este veterano certamen, la Consellería do Medio Rural buscaba nuevamente identificar y premiar a los mejores caldos elaborados fundamentalmente con uvas de variedades autóctonas, dotados de un carácter único y una personalidad reconocible. Para esta trigésima Cata de Vinos de Galicia se batían todos los records en cuanto a número de inscritos, con 363 muestras finales de blanco y tinto.
  • Máis de 81.000 persoas de 42 países abarrotaron a pasada semana o Concello de Viveiro co Resurrection Fest, xerando uns 2.000 empregos directos e indirectos, e sen ocasionar ningún tipo de incidente durante os catro días que durou a cita. Así o avanzou este mércores, na localidade mariñá, o Deputado de Relacións Institucionais, Álvaro Santos Ramos, xunto á Alcaldesa de Viveiro, María Loureiro García, e o Director do Festival, Iván Méndez Rodríguez. Santos Ramos apuntou que “un ano máis podemos cualificar de éxito rotundo o Resurrection Fest, pois durante catro días 81.350 persoas de 42 nacionalidades diferentes participaron no que xa é o festival de música metal e rock máis importante de España, e un dos máis relevantes de Europa".
  • Expertos de diferentes partes do mundo participan desde hoxe en Santiago de Compostela na XI edición do curso de verán Leccións Xacobeas Internacionais na Universidade de Santiago que este ano se celebra baixo o lema ‘O Camiño de Santiago no Ano do Patrimonio Cultural Europeo’. Trátase dunha iniciativa formativa que conta co apoio de Turismo de Galicia e que, ano a ano, se converte nun destacado punto de encontro e de reflexión ao redor do fenómeno xacobeo.
  • Os concertos de Airiños de Fene, os irlandeses Lúnasa e os Bretóns-Escoceses The Celtic Social Club pecharon onte á noite unha edición histórica cargada de emoción e lembranzas no seu 40º aniversario. Unha completa programación cultural e musical de 4 intensos días nos que pese á coincidencia na fin de semana con outros festivais, máis de 70.000 visitantes elixiron a música Celta. O protagonismo da Escola de Gaitas, fundadores do evento, así como do grupo Milladoiro, formación ligada ao festival desde os comezos fixo emocionarse a veciñanza e artistas.
  • Atardecer no Gaiás —o ciclo de concertos ao solpor e de balde durante o verán da Cidade da Cultura de Galicia— contará esta semana coa actuación da multinstrumentista Dom La Nena, unha das novas voces femininas máis brillantes do panorama internacional, que con tan só 29 anos está a recibir eloxios da crítica especializada de medios como The New York Times, The New Yorker, Wall Street Journal, L’Express, Le Figaro ou El País. Dom La Nena naceu no Brasil, criouse na Arxentina e vive en Francia. Deste periplo vital dan constancia o abano de idiomas dos seus temas e tamén se reflicte no seus rexistros musicais, que flutúan entre o jazz, pop e a bossa nova.
  • A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, acompañada do delegado territorial de Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, pronunciou hoxe a conferencia inaugural do Curso de Verán Turismo e paisaxe dentro da 11ª edición dos Seminarios de Verán sobre a Paisaxe da Universidade de Santiago de Compostela. Baixo o título Galicia Parabéns: a mellor imaxe de Galicia, Castro repasou as políticas que a Xunta está a desenvolver nesta materia a través da Estratexia do turismo de Galicia 2020 e salientou a relevancia que teñen na Comunidade como destino e na opinión dos viaxeiros.
  • O festival Espazos Sonoros 2018 celebra do 1 de setembro ao 7 de outubro a súa undécima edición cun programa de oito concertos en espazos singulares do patrimonio galego. A música, a arquitectura e a paisaxe volven ser protagonistas deste ciclo promovido pola Consellería de Cultura e Educación e que este ano propón un achegamento a edificacións históricas dos concellos de Ribeira, Sobrado, Baiona, Amoeiro, Foz, Castrelo de Miño, O Incio e Muxía, a través dunha programación musical que tamén inclúe andainas, visitas guiadas e obradoiros.